Dólar de prata dosXogos Olímpicos Especiais170x170px170x170pxA/: Retrato de Eunice Kennedy Shriver, fundadora dos Xogos Olímpicos Especiais. Data e marcas de ceca e de gravador (TJF). Lendas: SPECIAL OLYMPIC WORLD GAMES / LIBERTY / IN GOD WE TRUSTR/: Unha rosa, unha medalla dos Xogos Olímpicos Especiais e un texto de Eunice Kennedy Shriver. Marca de gravador (TDR). Lenda: UNITED STATES OF AMERICA · E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: T. James Ferrell (anv.) e Thomas D. Rogers (rev.). Datas de emisión: 1995 Ceca: US Mint: Cecas de Filadelfia (P) e de West Point (W). Tiraxe: 441.065 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata dos Xogos Olímpicos Especiais é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1995 e cuñada polas Cecas de Filadelfia e de West Point.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 102-328, do 29 de setembro de 1994,"Public Law 103-328 - SPT. 29, 1994- TITLE II. Sec. 204". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda conmemorativa da celebración dos Xogos Olímpicos Especiais de 1995, en Connecticut, nos que participan persoas con discapacidade intelectual."Special Olympics World Games Silver Dollar". United States Mint.

Deseño No anverso da moeda, obra de T. James Ferrell, amósase a cabeza cara á esquerda da filántropa Eunice Kennedy Shriver (1921-2009) como fundadora dos Xogos Olímpicos Especiais, rodeada por unha lenda alusiva a estes xogos, xunto cos lemas IN GOD WE TRUST ("En Deus confiamos") e LIBERTY ("Liberdade"), tradicionais das moedas estadounidenses."1 Dollar Special Olympics World Games". Numista.com

Kennedy Shriver foi a primeira muller viva en ser representada nunha moeda estadounidense. No entanto, existe certa controversia acerca da exactitude da atribución de ser a fundadora dos Xogos Olímpicos Especiais, xa que algúns entenden que este mérito lle corresponde máis a outra das cofundadoras, Anne M. Burke, polo que consideran incorrecto o deseño elixido para esta moeda conmemorativa."Women of World Games". SpecialOlympics.org miniatura|253x253px|Eunice Kennedy Shriver, protagonista do anverso desta moeda conmemorativa, nunha fotografía de 1980. Pola súa banda, o reverso, creado por Thomas D. Rogers, está caracterizado por un deseño composto por unha rosa, unha das medallas olímpicas entregadas nestes Xogos e unha cita de Eunice Kennedy Shriver, reproducida en oito liñas: "AS WE HOPE / FOR THE BEST IN / THEM, HOPE IS / REBORN IN US." EUNICE / KENNEDY / SHRIVER, FOUNDER ("'Ao esperarmos o mellor deles, a lembranza renace en nós'. Eunice Kennedy Shriver, fundadora"). Este conxunto está rodeado por unha lenda que abrangue o nome do país, UNITED STATES OF AMERICA, o valor facial, ONE DOLLAR, e o lema E PLURIBUS UNUM.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxima de 800 000 exemplares. A moeda produciuse na Casa da Moeda de West Point na súa versión estándar, en tanto que e Casa da Moeda de Filadelfia se encargou da cuñaxe das moedas con acabamento especial (proof), e a emisión estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación a partir do 2 de maio de 1995.

A súa produción foi de 89 301 moedas na súa condición estándar e 351.764 en versión con acabamento especial (proof) o que fai un total de 441 065 exemplares."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1995 Special Olympics World Games Silver Dollar". United States Mint. Algunhas fontes sosteñen que houbo un benfeitor empresarial que adquiriu un lote de 250 000 destas moedas para así salvar a emisión das perdas financeiras e tamén da sensación de vergoña polo escaso acollemento da poboación cara a unha moeda solidaria. Posteriormente entregáronse tamén algunhas destas moedas aos atletas das Olimpíadas Especiais de 1998.

Este dólar conmemorativo comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 35 en versión proof. Consonte a lei que autorizou a moeda, o beneficio acadado pola súa venda foille outorgado ao Comité Organizador dos Xogos Olímpicos Especiais, para sufragar os gastos de organización dos Xogos Olímpicos Especiais de 1995.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"1995 Special Olympics Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América