O Rolls-Royce Avon foi o primeiro motor a reacción con fluxo axial deseñado e fabricado por Rolls-Royce. Introducido en 1950, o motor converteuse nun dos deseños máis exitosos de despois da segunda guerra mundial. Usouse nunha gran variedade de avións, tanto militares como civís, así como versións para potencia estacionaria e marítima.
Un English Electric Canberra impulsado por dous Avon realizou o primeiro voo transatlántico sen escalas dun avión a reacción, e un de Havilland Comet 4 de BOAC con catro Avon fixo o primeiro voo regular transtlántico cun reactor.
A produción da versión para aviación do Avon rematou tras 24 anos en 1974.Gunston 1989, p. 149 A produción da versión industrial do Avon, fabricada a día de hoxe por Siemens, continúa ata o presente.
A versión actual do Avon, o Avon 200, é un xerador industrial de gas que ten unha potencia nominal de 21 000-22 000 cabalos. En 2011 vendéranse 1 200 Avon industriais e o tipo estableceu un récord de 60 000 000 de horas para a súa clase.
Notas
Categoría:Turborreactores