Dólar de prata doMonumento aos Veteranos de Vietnam360x360pxA/: Man sobre un panel do monumento aos veteranos de Vietnam. Data e marca de gravador (JM). Lendas: LIBERTY / IN GOD WE TRUST / VIETNAM VETERANS MEMORIALR/: Tres medallas de servizo na guerra de Vietnam. Marcas de ceca e de gravador (TDR). Lenda: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / ONE DOLLAR Valor: 1 dólar. Gravador: John Mercanti (anv.) e Thomas D. Rogers (rev.). Datas de emisión: 1994 Ceca: US Mint: Cecas de Filadelfia (P) e de West Point (W). Tiraxe: 284.961 exemplares. Aliaxe: 90 % prata e 10 % cobre. Diámetro: 38,1 mm. Peso: 26,73 g. Espesor: 2,8 mm. Canto: estriado.

O dólar de prata do Monumento aos Veteranos de Vietnam é unha moeda conmemorativa, non circulante, emitida pola Casa da Moeda dos Estados Unidos en 1994 e cuñada polas Cecas de Filadelfia e de West Point.

Esta moeda dun dólar foi autorizada pola Lei 103-186, do 14 de decembro de 1993,"Public Law 103-186 - DEC. 14, 1993. TITLE II". Govinfo.gov pola que se dispuxo a emisión dunha moeda para render tributo aos veteranos da guerra de Vietnam, en conmemoración do décimo aniversario do Monumento aos Veteranos de Vietnam, sito en Washington."Vietnam Veterans Memorial Silver Dollar". United States Mint.

Esta moeda está integrada nun programa de emisións para 2004 dedicado aos veteranos de guerra que integra tamén o dólar de prata da muller no servizo militar dos EEUU e o dólar de prata dos prisioneiros de guerra estadounidenses.

Deseño miniatura|O monumento aos veteranos de Vietnam, en Washington, nunha perspectiva similar á reproducida na moeda conmemorativa. No anverso da moeda, deseñado polo gravador da US Mint John Mercanti, reprodúcese unha man tocando un nome no panel 03E do muro do monumento aos veteranos de Vietnam, onde se inscribiron os nomes dos caídos nesa guerra, e ao fondo albíscase o Monumento a Washington. A lenda alusiva ao motivo conmemorado é VIETNAM VETERANS MEMORIAL."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1994 Veterans Program". Numista.com

Pola súa banda, o reverso, obra de Thomas D. Rogers, reproduce tres medallas de servizo na guerra de Vietnam, de esquerda a dereita: a medalla expedicionaria das Forzas Armadas, medalla de servizo en Vietnam e a medalla da da Campaña de Vietnam.

Produción e comercialización A lei que autorizou a emisión destas moedas conmemorativas prevía unha tiraxe máxina de 500.000 de exemplares. A moeda produciuse na Casa de Moeda de West Point, onde se cuñaron as pezas estándar, e na Casa da Moeda de Filadelfia, que cuñou as moedas con acabamento especial (proof) e estivo dispoñible para a súa adquisición por parte da poboación desde o 29 de xullo de 2004.

A súa produción foi de 57.290 moedas na súa condición estándar e 227.671 en versión con acabamento proof, o que fai un total de 284.961 exemplares, pouco máis da metade da tiraxe total autorizada."Historical Commemorative Coin Sales Figures: 1994 Veterans Program". United States Mint.

A moeda comercializouse aos prezos de 32 dólares en condición estándar e 35 en versión proof, e o beneficio conseguido coa súa venda destinouse ao Fondo para o mantemento do Monumento dos Veteranos de Vietnam.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Moeda dun dólar estadounidense Moedas do dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

"1994 Vietnam Veterans Memorial Silver Dollar" (ModernCommemoratives.com)

Categoría:Moedas dun dólar estadounidense Categoría:Moedas de prata Categoría:Moedas conmemorativas dos Estados Unidos de América