A bandeira da República dos Inguxos (en ), é un dos símbolos oficiais desta república da Federación Rusa, e foi adoptado en 1994. Mostra un tríscele vermello nun fondo branco, con raias horizontais verdes estreitas por riba e abaixo.

Simbolismo Na relixión e na filosofía do pobo inguxo, o emblema solar (no centro da bandeira) representa non só o Sol e o universo senón tamén a conciencia da unidade do espírito no pasado, presente e futuro. O vermello lembra a loita do pobo inguxo pola súa existencia e pola defensa da súa terra natal. O branco simboliza a pureza divina dos pensamentos e puntos de vista da nación. O verde é o símbolo do islam.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Bandeiras de pobos indíxenas Categoría:Bandeiras de suxeitos federais de Rusia Categoría:Bandeiras introducidas en 1994