A boca aberta (en ) é un filme francés de 1974 dirixido por Maurice Pialat. Representa, de xeito realista, unha muller que atravesa unha enfermidade terminal e tamén se enfronta ás tumultuosas vidas do seu marido e do seu fillo. Foi un dos filmes de Pialat con menos éxito comercial. Foi o terceiro filme dos dez que dirixiu antes da súa morte en xaneiro de 2003.

Está protagonizado por Monique Mélinand, Philippe Léotard, Hubert Deschamps e Nathalie Baye. Néstor Almendros, o fotógrafo español coñecido por traballar con directores da Nouvelle Vague como François Truffaut e Éric Rohmer, colaborou con Pialat por primeira vez neste filme. O título é unha referencia poética á posición da boca aberta que ás veces se atopa nos cadáveres.

Sinopse Monique Mélinand interpreta unha muller na fase finais dunha doenza terminal. O seu fillo Philippe, a muller de Philippe Nathalie e o seu marido Roger intentan consolala mentres ela atravesa o seu calvario. Porén, eses dous homes máis achegados da súa vida persoal comezan a involucrarse máis nas súas relacións con múltiples amantes. O seu marido coquetea cos clientes na súa tenda de roupa e mercería mentres o seu fillo coquetea coas enfermeiras. O filme incorpora elementos da ópera de Mozart Così fan tutte con efectos poéticos, relacionados con estas escenas. Finalmente, a muller pasa por varios momentos fondamente emotivos mentres a doenza cobra a súa vida.

Personaxes Hubert Deschamps como Roger Monique Mélinand como Monique Philippe Léotard como Philippe Nathalie Baye como Nathalie Henri Saulquin Alain Grestau Anna Gayane

Notas

Categoría:Filmes de 1974 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Maurice Pialat Categoría:Filmes sobre a morte Categoría:Filmes de 1974 con versión en galego