dereita|miniatura|Hiawatha por Thomas Eakins, . Hiawatha (Haiëñ'wa'tha), tamén coñecido como Ayenwathaaa ou Aiionwatha, foi un líder indíxena e cofundador da Confederación Iroquesa. Era un dirixente do pobo onondaga, ou do pobo mohawk, ou de ambos. Segundo algunhas teorías, naceu entre os onondaga mais foi adoptado polos mohawk.
A Confederación Iroquesa Dentro da Confederación Iroquesa, que contaba orixinalmente con cinco tribos (mohawk, onondaga, oneida, cayuga e seneca), Hiawatha foi o líder da tribo mohawk. Alí era moi coñecido por todas as tribos. Era un grande orador, e eventualmente converteríase no representante do Gran Pacificador. O Gran Pacificador era un home que esperaba estender a paz por todo o Territorio Haudenosaunee (Iroqués). Debido ao feito de que tiña un grave impedimento para a fala, o Gran Pacificador necesitaba un voceiro. Hiawatha estaba disposto a falar en nome de Dekanawidah porque a violencia se desenvolvía en todo o territorio iroqués. Durante estes tempos de caos, un líder chamado Tadodaho, que desprezaba a idea da paz, matou a muller e ás fillas de Hiawatha. Despois, Hiawatha converteuse no orador do Pacificador, para que puidese deter a violencia. Dewanawidah e Hiawatha finalmente conseguiron a paz en todos os iroqueses prometendo a Tadodaho que Onondaga se convertería na capital do Gran Consello, o principal órgano de goberno dos iroqueses. Hiawatha e Dekanawidah crearon a Gran Lei da Paz, rexistrada nos cintos wampum, para solidificar o vínculo entre as cinco nacións orixinais dos iroqueses.
Entre os nomes dos cincuenta Hoyenah (sachems) tradicionais dos Haudenosaunee, Hiawatha (entre outros) é un representante dos Mohawk, e Tadodaho dos Onondaga.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Bonvillain, Nancy (2005). Hiawatha: founder of the Iroquois Confederacy. Hale, Horatio (1881). Hiawatha and the Iroquois confederation: a study in anthropology. Hatzan, A. Leon (1925). The true story of Hiawatha, and history of the Six Nations Indians. Schoolcraft, Henry Rowe (1856). The Myth of Hiawatha, and Other Oral Legends, Mythologic and Allegoric, of the North American Indians. Laing, Mary E. (1920). The hero of the longhouse. Saraydarian, Torkom and Joann L Alesch (1984). Hiawatha and the great peace. Siles, William H. (1986). Studies in local history: tall tales, folklore and legend of upstate New York.
Categoría:Nados en 1525 Categoría:Finados en 1595 Categoría:Líderes nativos americanos Categoría:Pobo onondaga