San Vicente é un dos catorce departamentos que conforman a República do Salvador, na rexión Paracentral. A cidade cabeceira é San Vicente.
San Vicente é a cidade cabeceira do municipio e departamento homónimos. Foi fundada no ano 1635 e chegou a ser capital da república no século XIX. Durante a colonización española, foi unha das localidades máis importantes da Intendencia de San Salvador.
Historia No departamento atopáronse restos e vestixios arqueolóxicos da cultura dos nahuas de kuskatan e dos nonualcos, en municipios como San Cayetano Istepeque, Verapaz, Tepetitán e Tecoluca. O departamento foi creado durante a administración do primeiro xefe de Estado e prócer da Independencia Centroamericana Juan Manuel Rodríguez, o 12 de xuño de 1824 e funcionou como capital do Salvador de 1834 a 1840.
Xeografía O departamento pertence á zona central da república. Limita polo norte co departamento de Cabañas, polo leste, cos de San Miguel e Usulután, polo sur, con Usulután, La Paz e o océano Pacífico, e polo oeste, con La Paz e Cuscatlán.
O seu punto máis elevedo sitúase nas coordenadas 13.596546, -88.837866, especificamente no volcán Chinchontepec a 2.182 msnm.
División administrativa
Distritos Consta de dous distritos que son:
San Vicente: San Vicente, Apastepeque, Guadalupe, Tecoluca, Verapaz, Tepetitán, San Cayetano Istepeque.
San Sebastián: San Sebastián, San Esteban Catarina, San Lorenzo, Santo Domingo, San Ildefonso, Santa Clara
Municipios O departamento de San Vicente está dividido en 13 municipios: MunicipioTerritorioPoboaciónApastepeque120,56 km²20 285 hab.Guadalupe21,51 km²6 369 hab.San Cayetano Istepeque17,01 km²6 473 hab.San Esteban Catarina78,14 km²4 147 hab.San Ildefonso136,37 km²10 015 hab.San Lorenzo18,71 km²7 027 hab.San Sebastián61,83 km²15 193 hab.San Vicente267,25 km²52 404 hab.Santa Clara124,46 km²5 145 hab.Santo Domingo16,41 km²7 970 hab.Tecoluca284,65 km²31 711 hab.Tepetitán12,81 km²4 775 hab.Verapaz24,31 km²7 099 hab. Poboación estimada: 155 265 habitantes (2001) Extensión territorial: 1 184,02 km²
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Sitio Web de la ciudad de San Vicente Alcaldía Municipal de San Vicente Mapa de San Vicente Turismo en San Vicente
Categoría:Departamentos do Salvador