A neuropilina 2 ou neuropilina-2 é unha proteína que nos humanos está codificada no xene NRP2 do cromosoma 2. É un dos dous tipos de neuropilinas humanas, o outro é a NRP1.
Este xene codifica un membro da familia da neuropilina de proteínas receptoras. A NRP2 exprésana unha ampla variedade de tipos celulares. Esta proteína transmembrana únese a SEMA3C, SEMA3F, VEGF-A, VEGF-C, VEGF-D, TGFβ, integrinas e ANGPTL4 para promover vías de sinalización augas abaixo. Consecuentemente, a NRP2 xoga un papel no desenvolvemento cardiovascular, guía de axóns, tumoroxénese, inflamación e doenzas cardiovasculares. Identificáronse múltiples variantes de transcritos deste xene que codifican distintas isoformas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Proteínas