O castelo de Plassenburg é un edificio construído nas alturas da cidade de Kulmbach en Baviera. É un dos castelos máis impresionantes de Alemaña e un símbolo da cidade. Durante moito tempo considerouse un modelo de construción de fortaleza.

O castelo foi mencionado por primeira vez en 1135 durante o reinado do conde Berchtold II de Andechs. Desde 1340, os membros da Casa de Hohenzollern residen neste castelo. En 1554 o castelo foi destruído e reconstruído polo arquitecto Caspar Vischer. En 1810 a cidade de Külmbach foi anexionada a Baviera. O castelo foi usado como prisión, despois como hospital militar.

Actividade cultural O castelo, xestionado pola "Administración Estatal de Castelos, Xardíns e Lagos de Baviera", alberga varios museos: o museo de estatuíñas de peltre con preto de 300.000 pezas, o museo rexional do Meno e algunhas coleccións de arte nacionais. É un lugar de encontro para diversos eventos culturais.

Notas

Véxase tamén

Casa de Hohenzollern

Outros proxectos Wikimedia Commons contén imaxes e outros arquivos sobre o Castelo de Plassenburg

Ligazóns externas

Alle burgen.

Categoría:Museos de Alemaña Categoría:Castelos de Alemaña