Familla Trivulzioalt=Image illustrative de l’article Famille Trivulzio|lang=fr|125x125px|Blason de la famille Trivulzio Brasón familiar BrasonamentoBarras de ouro e sinoplePériodoSéculos XI a XIXOrixeLombardíaFeudosMelzo, Borgomanero, Retegno, Castel Tidone,
Vigevano, Mesocco,
Cologno, OmateCargosGobernador de LiónDeputado en SardeñaFuncións militaresMariscal de FranciaXeneral LugartenenteFuncións eclesiásticasBispo, CardealCamerlengo A familia Trivulzio foi unha das grandes familias nobres de Milán e Lombardía.
Historia esquerda|miniatura|125px|Palazzo Trivulzio en Milán Orixinaria da actual provincia de Pavia, derivada en particular da cidade de Trivolzio da que tomou o apelido, a familia Trivulzio ocupaba numerosos feudos (Melzo, Borgomanero, Retegno, etc.), e os seus primeiros membros aparecen en rexistros dende o século XI. A familia alcanzou o seu apoxeo na segunda metade do XVI, na época dos Sforza, cuxo ascenso favoreceron, e aos que os Trivulzios traizoaron cando entraron ao servizo dos reis de Francia.
Os edificios históricos vinculados aos Trivulzio son numerosos e espallados por un vasto territorio. Entre eles, o palacio homónimo sito en Milán, na Piazza Sant'Alessandro, que foi sede da biblioteca e colección Trivulzio, agora no Castelo Sforzesco. Neste pazo naceu Cristina Trivulzio Belgiojoso, coñecida en Francia como princesa Christine de Belgiojoso.
Membros célebres
Antonio III Trivulzio, maior (1457-1508), cardeal. Jacques de Trivulce (1440-1518), condottiero, político, mecenas. Antonio IV Trivulzio;(it) (-1519), bispo de Asti. Scaramuccia Trivulzio (1465-1517), cardeal. Théodore de Trivulce (1458-1532), mariscal de Francia Pomponio Trivulce, (finado antes de 1539), sobriño do anterior, 8º gobernador de Lión. Agostino Trivulzio (1485-1548), cardeal. César Trivulce (circa 1495-1548) bispo de Côme e bispo de Apt Antonio Trivulzio, iuniore (1514-1559), cardeal. Carlo Emanuele Teodoro (1577-1605), conde de Melzo, marido de Caterina Gonzaga. Giangiacomo Teodoro Trivulzio, (1597-1656), cardeal. Ippolita Trivulzio, (1600-1638), princesa de Mónaco. Cristina Trivulzio Belgiojoso, (1808-1871) editora dun xornal revolucionario, escritora e xornalista. Giorgio Pallavicino Trivulzio (1796-1878), patriota italiano.
Véxase tamén
Categoría:Provincia de Pavia Categoría:Historia de Francia Categoría:Historia de Italia Categoría:Casas nobiliarias