Renato Cappellini, nado en Soncino o 9 de outubro de 1943, é un exfutbolista italiano, que xogaba como dianteiro.

Traxectoria Formouse como futbolista na canteira do Inter de Milán, co que debutou na Serie A o 29 de setembro de 1963, nunha vitoria por 2-0 contra o Mantova. Despois de pasar a tempada 1964/65 cedido no Genoa, regresou ao equipo nerazzurro, co que gañou un scudetto da man de Helenio Herrera.

Nos cuartos de final da Copa de Europa 1966/67 ante o Real Madrid, marcou un gol tanto no partido de ida como no de volta, clasificándose así para a seguinte fase. Nas semifinais enfrontouse ao CSKA Sofia búlgaro, eliminatoria que precisou dun partido de desempate, no que Cappellini fixo o único tanto, metendo así o equipo milanés na súa terceira final continental.

En 1968 foi traspasado ao Varese, onde xogou un ano, antes de fichar pola Roma, club no que militou durante cinco campañas. Posteriormente pasou polo Como, a Fiorentina e o Chiasso, da liga suíza, antes de colgar as botas en 1977.

Ademais da súa carreira futbolística, tamén se dedicou a escribir historias de detectives.

Selección italiana En marzo de 1967 disputou dous partidos coa selección italiana e marcou un gol ante Portugal. Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Datos do xogador en BDFutbol .

Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados na provincia de Cremona Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Genoa CFC Categoría:Xogadores do AS Varese 1910 Categoría:Xogadores do AS Roma Categoría:Xogadores do ACF Fiorentina Categoría:Xogadores do Calcio Como 1907 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Italia