Paulo Naseiro Ramudo, nado en Vilalba o 4 de abril de 1970, é un escritor galego.
Traxectoria
Licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, desenvolve a súa actividade profesional no ámbito da xerontoloxía.
Cofundador, xunto con Moncho e Mario Paz González do xornal A Voz de Vilalba, editado entre 1983 e 1987, e desde 2008 en formato dixital. Redactor da revista Albaroque. Foi correspondente de A Nosa Terra na comarca da Terra Chá, e colabora habitualmente en diversos xornais e revistas. Obras Narrativa Magyar Posta, 2007, Instituto de Estudos Chairegos. Oito horas, 2008. Dpto. Speechwriter. 2008. Edición dixital.
Ensaio Seis escritores de Vilalba, escolma poética (coautor), 1986. Deputación de Lugo A Voz de Vilalba: xornal ao servizo do pobo (1983-1986). (coautor). 2007. Ed. Dykinson Conversas arredor de Xorima, 2020, Instituto de Estudos Chairegos. Os catro exilios de Silvia Mistral. Recollido en Relatorios das Xornadas 2018 e 2019. 2021. Instituto de Estudos Chairegos
Teatro Por favor, agarde a súa quenda, 1986. Estreada por CDV teatro.
Premios Premio de xornalismo Manuel Mato Vizoso en 1992, polo artigo "Un instituto para Vilalba no 33" (El Progreso, 22 de xullo de 1992). Premio de narrativa no Certame Literario do Concello de Vilalba en 2003, por Magyar Posta.
Notas
Categoría:Nados en Vilalba Categoría:Nados en 1970 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Xornalistas de Vilalba