Hot Pursuit é un filme estadounidense de 2015 dirixido por Anne Fletcher e distribuído por Warner Bros. Pictures. Foi escrito por David Feeney e John Quaintance. Conta a historia dunha oficial de policía asignada a protexer a viúva dun narco. Está protagonizado por Reese Witherspoon e Sofía Vergara.
O filme foi producido por New Line Cinema, Metro-Goldwyn-Mayer e Pacific Standard e estreouse nos cinemas o 8 de maio de 2015. Recadou 13,9 millóns de dólares na súa primeira semana e conseguiu 51,4 millóns en todo o mundo, contra un orzamento de 35 millóns. Recibiu valoracións negativas por parte da crítica e obtivo un índice de aprobación do 7% en base a 172 recensións de Rotten Tomatoes.
Personaxes
Reese Witherspoon como Oficial Rose Cooper Sofía Vergara como Daniella Riva Matthew Del Negro como Detective Hauser Michael Mosley como Detective Dixon Robert Kazinsky como Randy Richard T. Jones como U.S. Marshall Jackson Benny Nieves como Jesus Michael Ray Escamilla como Angel Joaquín Cosío como Vicente Cortez John Carroll Lynch como Capitán Emmett Jim Gaffigan como Red Mike Birbiglia como Steve Vincent Laresca como Felipe Riva David Jensen como Wayne Evaluna Montaner como Teresa Cortez Bryce Romero como cita de Cooper
Notas
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Anne Fletcher Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ambientados en Texas