César Souto Vilanova, nado en Noia en 1975, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela. Xornalista da Televisión de Galicia dende 1998. Colaborou en Dorna. Os seus poemas figuran en A Different Eden / Un Edén diferente (Dedalus Press, 2021), antoloxía de ecopoesía de Irlanda e Galicia. Codirixiu as longametraxes documentais Os días afogados (2015) e Interregno (2020).

Obras Sucesos, 2004. Colección Tambo. Campo aberto, 2018. Galaxia. A herdade, 2021. Galaxia.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Editorial Galaxia Ficha en filmin Ficha en DOCMA

Categoría:Xornalistas de Noia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Personalidades do cinema de Galicia Categoría:Nados en Noia Categoría:Nados en 1975