Mohammed Aamir Hussain Khan (|ˈaːmɪr xaːn|), nado en Bombai o 14 de marzo de 1965, é un actor, director e produtor cinematográfico indio que traballa en filmes en hindi. Durante a súa carreira, Khan estableceuse como un dos actores indios máis populares e influentes.
Khan recibiu numerosos premios, incluídos nove Filmfare Awards, catro National Film Awards e un AACTA Award, e unha das súas producións tamén recibiu unha candidatura ao Óscar. O goberno da India outorgoulle o Padma Shri en 2003 e o Padma Bhushan en 2010, e recibiu un título honorífico do goberno da China en 2017.Aamir Khan: The Chinese heartthrob , The Afternoon Despatch & Courier, 16 de maio de 2017
Traxectoria Khan apareceu por primeira vez na pantalla como actor infantil no filme do seu tío Nasir Hussain Yaadon Ki Baaraat (1973). Como adulto, a súa primeira longametraxe foi Holi (1984). Pasou a dedicarse á interpretación a tempo completo cun papel protagonista en Qayamat Se Qayamat Tak (1988). A súa interpretación en Raakh valeulle un National Film Award na categoría de mención especial. Converteuse nun actor destacado na década de 1990 ao aparecer en varios filmes de éxito comercial, incluídos Dil, Raja Hindustani e Sarfarosh.
En 1999 fundou Aamir Khan Productions e a súa primeira produción, Lagaan (2001), foi candidata ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa e recibiu para el o National Film Award ao mellor filme popular e dous premios Filmfare, mellor filme e mellor actor. Tras unha pausa de catro anos volveu a interpretar protagonistas, en particular en Fanaa e Rang De Basanti. Debutou como director con Taare Zameen Par (2007), polo que gañou os Filmfare Awards ao mellor filme e mellor director. Os maiores éxitos comerciais de Khan foron Ghajini, 3 Idiots, Dhoom 3, PK e Dangal, todos eles na listaxe dos filmes indios con maior éxito de público. Khan gañou o seu terceiro Filmfare ao mellor actor por Dangal.
Ten un gran seguimento global, especialmente na India e na China, e foi descrito por Newsweek como "a máis grande estrela do cinema" do mundo. Foi listado regularmente entre os 500 musulmáns máis influentes do mundo. Khan é activista e cooperante, e foi voceiro de varias causas sociais, algunhas das cales provocaron controversia política. Tamén creou e presentou o programa de televisión Satyamev Jayate. O seu traballo como reformista social fíxoo aparecer na listaxe da revista Time das persoas máis influentes do mundo en 2013.
Filmografía Ano TítuloAcreditado como Notas Outro Personaxe 1973Yaadon Ki Baaraat Young Ratan Papel menor 1974Madhosh Young Raj Papel menor 1983Paranoia Axudante de dirección Descoñecido Curtametraxe 1984Manzil ManzilAxudante de dirección Holi 1988 Qayamat Se Qayamat TakAxudante de guión Raj 1989Raakh Love Love Love Amit 1990Awwal Number Sunny Tum Mere Ho Shiva Dil Raja Deewana Mujh Sa Nahin Jawani Zindabad 1991Afsana Pyaar Ka Raj Dil Hai Ke Manta Nahin Remake non oficial de Chori Chori 1992Isi Ka Naam Zindagi Chotu Daulat Ki Jung Jo Jeeta Wohi Sikandar 1993Pehla Nasha El mesmo Cameo Parampara Damini El mesmoCameoHum Hain Rahi Pyar Ke Guionista 1994Andaz Apna Apna 1995Baazi Aatank Hi Aatank Rohan Rangeela Munna Akele Hum Akele Tum 1996Raja Hindustani 1997Ishq 1998GhulamCantante de son pregravado Earth Filme canadense-indio, estreado na India como 1947: Earth 1999Sarfarosh Mann 2000MelaCantante de son pregravado 2001Lagaan BhuvanDil Chahta Hai 2004Madness in the Desert El mesmoDocumental, tamén coñecido como Chale Chalo: The Lunacy of Film Making 2005Mangal Pandey: The RisingCantante de son pregravado 2006Rang De BasantiCantante de son pregravado /Chandrashekhar AzadFanaa 2007Taare Zameen ParDirectorCantante de son pregravado 2008Jaane Tu... Ya Jaane Na Produtor Ghajini Coguionista Remake do filme de 2005 Ghajini 2009Luck by Chance El mesmoCameo3 Idiots 2010Peepli Live Produtor Dhobi Ghat Arun 2011Big in Bollywood El mesmo Filme documentalDelhi Belly Disco FighterAparición especial na canción "I Hate You (Like I Love You)"2012Talaash: The Answer Lies Within 2013Bombay Talkies El mesmo Aparición especial na canción "Apna Bombay Talkies" Rubaru Roshni El mesmo DocumentalDhoom 3 /Samar Khan2014PK PK2015Dil Dhadakne Do Pluto Mehra Voz2016Dangal Cantante de son pregravado Mahavir Singh Phogat2017Secret Superstar 2018Thugs of Hindostan Firangi Mallah 2021Koi Jaane Na — Aparición especial na canción "Har Funn Maula" 2022Laal Singh Chaddha Laal Singh Chaddha TBAMogulGulshan KumarPreprodución
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Bombai Categoría:Nados en 1965 Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Actores de teatro da India Categoría:Actores de televisión da India Categoría:Directores de cinema da India Categoría:Produtores de cinema