Peseta de 1937 "1 Peseta "Rubia"". Numista.com280x280pxA/: cabeza feminina alegórica de Hispania cara á esquerda. Lenda: REPVBLICA ESPAÑOLA.R/: talo de videira e acio de uvas; valor facial; data no exergo. Valor: 1 peseta. Data de emisión: 1937. Período: II República Española. Ceca: FNMT: Factoría C (Castelló de la Plana). Tiraxe: 50.000.000 exemplares. Aliaxe: Latón. Diámetro: 23 mm. Grosor: 1,2 mm. Peso: 5,00 g. Canto: estriado.
A peseta de 1937 é a primeira moeda española co valor facial dunha peseta emitida con carácter fiduciario, é dicir, cuxo valor non se apoia no valor dun metal precioso, xa que as anteriores foran cuñadas en prata.Feria, R. (2013).
A produción desta moeda, emitida unicamente en 1937, foi de 50 millóns de exemplares.
Caracterización No seu anverso amósase unha aparece unha imaxe alegórica representada por unha muller nova con cabelo longo; non se trata da República, que noutras moedas adoita ir toucada co barrete frixio,Feria, R. (2013). Páxina 79.Moreno Vega, A.; Jiménez Álvarez, L. (2011). senón de Hispania. Á súa esquerda lese a lenda REPVBLICA ESPAÑOLA.
O seu reverso está caracterizado por un talo e unha folla de vide, e un acio de uvas, xunto co valor facial da moeda (1 PESETA) e abaixo a data de 1937.
Na tradición numismática e popular española, esta moeda comezou a coñecerse axiña como peseta rubia, en alusión á muller loira que nela se representa con cabelo dourado e en contraposición coa cor prateada das pesetas ata a época. Tamén se dixo ironicamente que esta moeda representaba "os tres motivos de perdición do home": o diñeiro, as mulleres e o viño.
Historia En novembro de 1936, por mor da guerra civil, o Goberno da República Española trasladouse de Madrid a Valencia, do mesmo modo que o fixo o Consello do Banco de España e a dirección da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT). As moedas dunha peseta de 1937 foron cuñadas sobre discos de latón elaborados anteriormente en Madrid, na denominada Factoría A da FNMT. A cuñaxe produciuse na Factoría C, establecida na cidade de Castelló de la Plana, que tamén producía billetes e material de guerra —había tamén unha Factoría B, en Valencia, dedicada só á impresión dos billetes—.Aceña, P. M. (2006). Páxina 340.
O inicio da guerra civil levou consigo o acaparamento das moedas de prata en circulación por parte da poboación, debido a que o seu valor intrínseco superaba o seu valor nominal. Por outra banda, o níquel e o cobre eran necesarios como materia prima nas fábricas de munición, o que levou as autoridades republicanas a cuñar novas moedas de valores inferiores ou iguais a peseta nunha aliaxe ata daquela inédita: o latón.
A emisión destas moedas decretouse o 19 de marzo de 1937, aínda que a súa distribución polo territorio foi moi lenta e desigual en función das circunstancias da guerra. Este modelo xa fora ensaiado polo Goberno da República en Madrid, e existen algunhas probas en ferro datadas xa en 1934, aínda que daquela non se chegara a poducir para a circulación.De Santiago Fernández, J. (2000). Páxina 78.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Aceña, P. M. (2006). La economía de la guerra civil. Marcial Pons Historia. ISBN 9788496467330 Corporales Leal, C. (2011). "Moneda y Guerra Civil española: delitos monetarios ". En Ab Initio. Nº Extr. 1. Páxina 169-202. De Santiago Fernández, J. (2000). La Peseta. 130 años de la Historia de España. Madrid. Feria, R. (2013). "1937-2002: principio y fin de la peseta fiduciaria". En VII Jornadas Científicas sobre Documentación Contemporánea (1868-2008). Páxina 73. ISBN 978-84-691-7549-1 Moreno Vega, A.; Jiménez Álvarez, L. (2011). "La peseta del vino". En La Corredera. Nº 65. Páxina 19. ISSN 1575-3255.
Outros artigos
Peseta Lista das moedas de peseta de España Selo-moeda da Segunda República Española
Categoría:Peseta Categoría:Segunda República Española