Víctor Fernando Castro Villar, nado en Niñóns (Ponteceso)La Voz de Galicia, Carballo, 4-9-2001, p.4. en 1948 e finado en Tallo (Ponteceso) o 1 de setembro de 2001, foi un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Presidente da Asociación de Veciños de San Blas de Tallo. Foi elixido concelleiro en Ponteceso nas eleccións municipais de 1991 como número 3 da candidatura do PSdeG-PSOE, a cal foi a máis votada e formou goberno en minoría. Trala dimisión de Ramón Saleta Neira foi elixido alcalde de Ponteceso en novembro de 1992, formando un goberno de coalición co PSG-EG. Porén, a ruptura do acordo de goberno en marzo de 1993 supuxo a presentación por parte do PPdeG e do PSG-EG en maio dunha moción de censura que fixo alcalde ó conservador José Luis Fondo Aguiar.La Voz de Galicia, 13-5-1993, p.31. Volveu ser concelleiro tralas municipais de 1995 como número 3 da candidatura socialista, logrando maioría absoluta o PPdeG e permanecendo como concelleiro da oposición ata 1999.
Vida persoal Estaba casado e tiña 1 filla. Faleceu dun infarto mentres paseaba en bicicleta pola parroquia de Tallo o 1 de setembro de 2001La Voz de Galicia, Carballo, 2-9-2001, p.2.
Notas
Véxase tamén Outras páxinas Eleccións municipais en Ponteceso
Categoría:Alcaldes de Ponteceso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Ponteceso Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Finados en 2001