Mauro Bicicli, nado en Crema o 15 de xaneiro de 1935 e finado no mesmo lugar o 22 de agosto de 2001, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como dianteiro.
Traxectoria
Como futbolista Tras comezar a súa carreira no Crema fichou polo Inter de Milán, co que debutou na Serie A o 17 de abril de 1955 fronte ao Genoa. Xogou no club lombardo de xeito intermitente durante a seguinte década, con cesións e pasos por outros equipos. Disputou un total de 182 partidos coa camiseta nerazzurra e marcou 27 goles. Gañou dous títulos da Serie A e en 1967 foi aliñado por Helenio Herrera como titular na final da Copa de Europa, en substitución do centrocampista galego Luis Suárez, que estaba mancado. O equipo italiano acabou perdendo aquel partido por 2-1 contra o Celtic.
Como adestrador Trala súa retirada foi adestrador, comezando a súa carreira nos bancos como técnico do equipo xuvenil do Brescia. Adestrou ademais o primeiro equipo en dúas ocasións, a primeira delas en 1977, na Serie B, para substituír a Antonio Angelillo, e a segunda en 1982, como substituto de Maurizio Bruno na Serie C1. Posteriormente pasou polos bancos do Ospitaletto, Fanfulla e Legnano. Faleceu dun cancro de fígado en 2001, aos 66 anos.
Palmarés Inter de Milán Serie A (2): 1953/54, 1962/63.
Genoa Copa dos Alpes (1): 1964.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Datos do xogador en smr.worldfootball.net .
Categoría:Nados en 1935 Categoría:Nados na provincia de Cremona Categoría:Finados en 2001 Categoría:Finados por cancro Categoría:Futbolistas de Italia Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Parma FC Categoría:Xogadores do Calcio Catania Categoría:Xogadores do Genoa CFC Categoría:Xogadores do Brescia Calcio Categoría:Adestradores de fútbol de Italia Categoría:Adestradores do Brescia Calcio