O SNCASE SE.161 Languedoc foi un avión de pasaxeiros cuadrimotor francés producido por SNCASE (Sud-Est). Desenvolvido a partir do Bloch MB.160 e coñecido a finais dos anos 30 como o (SNCSO) Bloch MB.161, o SE.161 estivo en servizo con Air France e os militares franceses tras a segunda guerra mundial.
Historia En 1936 Air Afrique necesitaba un novo avión de pasaxeiros para os seus servizos africanos. Marcel Bloch propuxo un desenvolvemento do seu avión Bloch MB.160, o Bloch MB.161, que tras a segunda guerra mundial converteuse no SNCASE SE.161 Languedoc. Os traballos de deseño do novo avión comezaron en 1937.Wheeler, Barry. "LANGUEDOC - France's first post-war airliner". Aeroplane. No. April 2014. Cudham: kelsey Media. pp. 22–28. ISSN 0143-7240 O prototipo, F-ARTV, voou por vez primeira o 15 de decembro de 1939. Estaba impulsado por catro motores radiais Gnome-Rhône 14N de 1 020 cabalos cada un. O avión pasou por un lento programa de desenvolvemento e os voos de proba non estiveron completos ata xaneiro de 1942. O goberno da Francia de Vichy realizou un pedido por 20 unidades en decembro de 1941,Chillon, 1980, p. 30 pero ningún deles chegou a construírse. O programa quedou finalmente abandonado tras o bombardeo aliado da factoría de Saint-Martin-du-Touch, Alta Garona en 1944.
Tras a liberación de Francia o goberno provisional liderado polo xeneral De Gaulle autorizou a reanudación da produción voando o primeiro exemplar da primeira serie de produción, designada SE.161 e co rexistro F-BATA, o 25 de agosto ou o 17 de setembro de 1945. Un lote inicial de 40 exemplares de produción foi completado para Air France entre outubro de 1945 e abril de 1948.Chillon, 1980, pp. 32-33
O Languedoc era un avión de pasaxeiros monoplano de á baixa cantilever con catro motores e dúas derivas de construción metálica. Tiña unha tripulación de cinco persoas (piloto, copiloto/navegante, operador de radio, enxeñeiro de voo e asistente de cabina). A cabina estándar tiña espazo para 33 pasaxeiros sentados en 11 filas de 3, dúas a estribor e unha a babor. Un arranxo alternativo nunha primeira clase tiña 24 asentos. Air France introduciu unha versión de alta densidade con 44 asentos en 1951.Chillon, 1980, p. 31
O Languedoc tiña un tren de cola retractable coas rodas principais baixo as ás e estaba impulsado por catro motores radiais Gnome-Rhône 14N 44/45 ou 54/55 de 1 020 cabalos en góndolas nos bordos de ataque das ás, con convertibilidade parcial a pistóns en liña refrixerados por auga.
Construíronse un total de 100 exemplares para Air France, a Forza Aérea de Francia e a Armada de Francia. Varios exemplares usáronse como avións de proba en Villacoublay. O único cliente de exportación de avión de nova produción foi a aeroliña polaca LOT, que mercou cinco unidades, algúns deles equipados con motores radiais Pratt & Whitney R-1830 Twin Wasp.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Chillon J., J-P Dubois and J.Wegg. French Postwar Transport Aircraft. Tonbridge, Kent, UK: Air-Britain (Historians) Limited. 1980. .
Categoría:Aeronaves