Succession é unha serie de televisión estadounidense creada por Jesse Armstrong. Estreouse o 3 de xuño de 2018 a través de HBO. A serie céntrase na familia Roy, propietaria de Waystar RoyCo, un conglomerado mundial de medios de comunicación e entretemento. A familia loita polo control da empresa no medio da incerteza sobre a saúde do patriarca da familia, Logan Roy (Brian Cox). En outubro de 2021, a serie foi renovada para unha cuarta tempada.
Entre o elenco da serie está Jeremy Strong como Kendall, Kieran Culkin como Roman e Sarah Snook como Siobhan ('Shiv'), os fillos de Logan empregados pola compañía. Matthew Macfadyen interpreta a Tom Wambsgans, o marido de Shiv e executivo de Waystar; Nicholas Braun fai o papel de Greg Hirsch, sobriño-neto de Logan; Alan Ruck como Connor, fillo máis vello de Logan; e Hiam Abbass como Marcia Roy, a muller de Logan. Peter Friedman, Natalie Gold, Rob Yang, Dagmara Domińczyk, Arian Moayed, J. Smith-Cameron, Justine Lupe, David Rasche e Fisher Stevens compoñen o resto do elenco.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2018 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América