Troy Michael Kotsur, nado en Mesa, Arizona, o 24 de xullo de 1968, é un actor estadounidense. A súa interpretación no filme CODA valeulle un Óscar ao mellor actor secundario de 2021, entre outros premios.
Traxectoria Primeiros anos Kotsur é fillo de JoDee (de solteira True) e Leonard Stephen "Len" Kotsur, xefe de policía de Mesa.12 News Cando Kotsur tiña nove meses, os seus pais descubriron que era xordo e aprenderon a lingua de sinais americana para que a familia puidese comunicare. Os pais de Kotsur incentivárono para que practicase deportes e fixese amizade con nenos ouvintes no seu barrio. Kotsur asistiu á Phoenix Day School for the Deaf, onde se interesou pola actuación. Formouse na Westwood High School. No ensino medio, o seu profesor de teatro animouno a participar no espectáculo de variedades sénior, e interpretou unha escena de pantomima que foi recibida positivamente e o motivou a seguir no teatro.
Despois que Kotsur se formou no ensino medio, realizou prácticas na KTSP-TV (posteriormente KSAZ-TV). Aínda que aspiraba a dirixir, nas prácticas axudaba a un editor e non se sentía conectado coas persoas, lembrando: "O meu soño de dirixir esvaeuse despois de que aceptei o feito de vivir nun mundo que non usaba a miña lingua". Entón asistiu á Universidade Gallaudet de 1987 a 1989 e estudou teatro, televisión e cinema.
Carreira Cando Kotsur recibiu unha oferta de traballo como actor do Teatro Nacional dos Xordos (NTD), aceptou e deixou o Gallaudet para facer unha xira co NTD durante dous anos, actuando en dúas obras. En 1994 comezou a traballar para o Deaf West Theatre nos Ánxeles, actuando e dirixindo diversas producións. No teatro, os seus papeis incluíron Stanley en A Streetcar Named Desire, Lenny en Of Mice and Men e o príncipe Hamlet en Ophelia.
En 2021, Kotsur apareceu na longametraxe CODA nun papel secundario como o pai xordo dunha filla adolescente ouvinte. A directora Sian Heder viu por primeira vez as súas interpretacións nas producións de Deaf West de Our Town e At Home at the Zoo de Edward Albee e contratouno como parte do elenco. A NPR informou que a actuación de Kotsur en CODA "impresionou tanto o público como a crítica".
Kotsur tamén dirixiu a longametraxe No Ordinary Hero: The SuperDeafy Movie (2013).
Vida persoal Kotsur está casado coa actriz Deanne Bray.
Filmografía
Cine AnoTítuloPersonaxeNotas2007The Number 23Barnaby2008Universal SignsChris2009See What I'm Saying: The Deaf Entertainers DocumentaryEl mesmoDocumental2013No Ordinary Hero: The SuperDeafy MovieMattAlso director2016Wild Prairie RoseJames Hansen2021CODAFrank Rossi
Televisión AnoTítuloPersonaxeNotas2001Strong MedicineLarsEpisodio: Fix"2002–2005Sue Thomas: F.B.EyeTroy Myers5 episodios2003DocTroyEpisodio: "Rules of Engagement"2006CSI: NYDennis MitchumEpisodio: "Silent Night"2007ScrubsMr. FrancesEpisodio: "My Words of Wisdom"2012Criminal MindsJohn MyersEpisodio: "The Silencer"2019The MandalorianTusken Raider Scout #1Episodio: "Chapter 5: The Gunslinger"
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Troy Kotsur en Internet Movie Database
Categoría:Nados en Mesa Categoría:Nados en 1968 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América