miniatura|Útero e tubas uterinas (o miometrio no centro dereita). miniatura|Histoloxía do miometrio. O miometrio é a capa intermedia da parede do útero, situada entre o endometrio e a capa serosa, formada principalmente de músculo liso, cuxas células se chaman células do músculo liso uterino ou miocitos uterinos, pero tamén de tecido estromático de soporte e de tecido vascular. A súa principal función é producir as contraccións uterinas durante o parto.
Estrutura
O miometrio está localizado entre o endometrio (a capa interna da parede uterina) e a serosa ou perimetrio (a capa externa uterina).
O terzo máis interno do miometrio (denominado capa subendometrial) parece derivar do conduto de Müller, mentres que a capa externa e máis predominante parece orixinarse de tecidos non müllerianos e é o tecido contráctil principal durante o parto e os abortos naturais. A capa submucosa parece funcionar como unha capa muscular circular, con capacidades peristálticas e antiperistálticas, equivalente á capa muscular intestinal.
Estrutura muscular
A estrutura muscular do músculo liso miometrial é moi similar á do músculo liso doutras partes do corpo, sendo a miosina e a actina as proteínas predominantes. No músculo liso uterino hai aproximadamente 6 veces máis actina que miosina. Un cambio na expresión da miosina no músuclo liso uterino pode ser a responsable dos cambios na dirección das contraccións uterinas durante o ciclo menstrual. Normalmente as fibras teñen uns 50 microns de lonxitude, pero no embarazo hipertrófianse ata chegar aos 500 microns. Durante o embarazo divídense e forman máis fibras e fórmase máis tecido conxuntivo.
Histoloxía As fibras musculares lisas do miometrio forman varias capas ou estratos, pero non están claramente separadas porque se entrecruzan. O tecido conxuntivo situado entre os feixes musculares está formado por coláxeno, fibroblastos, macrófagos e células cebadas. As partes periféricas da parede uterina teñen redes de fibras elásticas. Baixo a muscosa endometrial atopamos o estrato submucoso, fino e de fibras predominantemente lonxitudinais. A capa seguinte é o estrato vascular, con moitos vasos sanguíneos e fibras musculares ciruclares e oblicuas. Despois aparece o estrato supravascular, con fibras circulares e lonxitudinais. Por último, está o estrato subseroso, que é unha fina capa muscular lonxitudinal.D. W. Fawcett. Tratado de Histoloxía. Interamericana-McGrow Hill. 11ª edición. Páxina 886. ISBN 84-7605-361-4
Función Contracción
O miometrio estírase durante o embarazo, expandíndose as células musculares lisas en tamaño e en númeroSteven's and Lowe Histology p352 facendo que o útero chegue a ser varias veces máis grande que no estado non grávido, e contráese de maneira coordinada por medio dun efecto de retroalimentación positiva sobre o "reflexo de Ferguson", durante os labores do parto. Despois do nacemento do meniño, o miometrio volve a contraerse para expulsar a placenta, e as fibras entrecruzadas da capa media comprimen os vasos sanguíneos para minimizaren a perda de sangue. Un beneficio positivo da lactación temperá é a estimulación dese reflexo para reducir a perda de sangue e facilitar un rápido retorno do ton muscular uterino e abdominal previo ao embarazo.
O músculo liso uterino ten un padrón fásico, e cambia entre un padrón contráctil e o mantemento dun ton de repouso con contraccións discretas e intermitentes de variada frecuencia, amplitude e duración.
A capa submucosa pode ter actividade tanto peristáltica coma antiperistáltica.
Estado de repouso
O potencial de membrana de repouso (Vrest) do músculo liso uterino está entre -35 e -80 mV. Igual que o potencial de membrana de repouso doutros tipos celulares, mentense grazas á bomba de Na+/K+ que causa unha maior concentración de ións Na+ no espazo extracelular que no intracelular, e unha maior concentración de ións K+ no espazo intracelular que no extracelular. Seguidamente, cando se abren as canles de K+ en maior medida que as canles de Na+ prodúcese como resultado un efluxo neto de ións positivos, orixinando un potencial negativo.
Este potencial de repouso sofre oscilacións rítmicas, que se denominan ondas lentas e reflicte a actividade intrínseca dos potenciais de onda lentos. Estas ondas lentas son causadas por cambios na distribución de Ca2+, Na+, K+ e Cl− entre os espazos intracelular e extracelular, o cal, á súa vez, reflicte a permeabilidade da membrana plasmática a cada un destes ións. O K+ é o principal ión responsable destes cambios no fluxo de ións, de acordo cos cambios producidos en varias canles de K+.
Excitación-contracción
O acoplamento excitación-contracción do músculo liso uterino é tamén moi similar ao doutros músculos lisos en xeral, cun incremento intracelular de Ca2+ que conduce á contracción.
Restauración do estado de repouso A retirada do Ca2+ despois da contracción induce a relaxación do músculo liso e restaura a estrutura molecular do retículo sarcoplásmico para que estea preparado para o seguinte estímulo contráctil.
Notas
Categoría:Aparato reprodutor feminino