Igor Petrovich Volk, nado en Zmiiv (Ucraína) o 12 de abril de 1937 e finado o 3 de xaneiro de 2017, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Soiuz T-12.

Traxectoria Volk graduouse na Escola Militar de Pilotos de Kirovograd e no Instituto de Aviación de Moscova en 1956 cun grao de enxeñaría. En 1969 acadou o grao de coronel, adestrando para ser cosmonauta entre decembro de 1978 e xullo de 1980. Foi piloto de probas do transbordador espacial Buran. Participou na misión Soiuz T-12, pasando 11,80 días no espazo. Faleceu en 2017.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz T-12

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados na rexión de Kharkiv