A Rainy Day in New York é un filme estadounidense de 2019 escrito e dirixido por Woody Allen. Está protagonizado por Timothée Chalamet, Elle Fanning, Selena Gomez, Jude Law, Diego Luna e Liev Schreiber. O filme segue a historia romántica de dous mozos estudantes universitarios, Gatsby e Ashleigh (Chalamet e Fanning), mentres realizan unha visita de fin de semana á cidade natal de Gatsby, Nova York. El espera profundar a súa relación mentres ela está na cidade para entrevistar a un director de cinema moi apreciado (Schreiber) para o seu xornal universitario.
O filme foi rematado en 2018, mais o seu distribuidor, Amazon Studios, detivo a estrea por mor da controversia arredor de Woody Allen e o Movemento Me Too. Estreouse en Polonia o 26 de xullo de 2019, seguido de moitos países europeos, de América Latina e Asia. Finalmente, estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 9 de outubro de 2020 a través de MPI Media Group e Signature Entertainment.
Personaxes
Timothée Chalamet como Gatsby Welles Elle Fanning como Ashleigh Enright Selena Gomez como Chan Tyrell Jude Law como Ted Davidoff Diego Luna como Francisco Vega Liev Schreiber como Roland Pollard Kelly Rohrbach como Terry Annaleigh Ashford como Lily Rebecca Hall como Connie Davidoff Cherry Jones como Mrs. Welles Will Rogers como Hunter Welles Suki Waterhouse como Tiffany Ben Warheit como Alvin Troller Griffin Newman como Josh Loomis Kathryn Leigh Scott como Wanda Don Stephenson como Bemelmans Bar Waiter
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Woody Allen Categoría:Filmes rodados en Nova York Categoría:Filmes rodados en Nova Jersey Categoría:Filmes producidos por Letty Aronson Categoría:Filmes sobre xornalistas