Viking foi o primeiro satélite artificial sueco. Foi lanzado mediante un foguete Ariane 1 desde o Centro Espacial de Kourou o 22 de febreiro de 1986.

Características A misión de Viking, xestionada pola Swedish Space Corporation (SSC), foi estudar a magnetosfera terrestre desde unha órbita moi elíptica. O satélite foi construído por SAAB Space xunto con Boeing como subcontratista. Tiña unha masa de 286 kg e estudou os procesos do plasma na magnetosfera e a ionosfera terrestres mediante a medición dos campos eléctrico e magnético, das partículas cargadas, das ondas na magnetosfera e mediante a fotografía das auroras polares. Os experimentos de a bordo foron colaboración de equipos de Suecia, Canadá, Dinamarca, Francia, Noruega, os Estados Unidos e Alemaña.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Ariane 1

Categoría:Satélites artificiais