Miguel Patiño Vázquez, nado en 1933 e finado en Presedo (Abegondo) o 18 de marzo de 2022, foi un político galego.
Traxectoria Foi nomeado alcalde de Abegondo en 1966. Encabezou a candidatura da UCD nas eleccións municipais de 1979 e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a formación independente Agrupación de Vecinos e foi reelixido de novo alcalde por maioría simple. Nas municipais de 1987 encabezou a CPG e logrou ser reelixido con maioría simple, sumando un concelleiro máis que como independente, logrando 6. Foi un dos alcaldes da CPG que respaldaron o apoio de 3 dos seus deputados á moción de censura na Deputación da Coruña contra José Manuel Romay Beccaría que fixo presidente ó socialista Salvador Fernández Moreda.
Desta forma, encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE nas municipais de 1991, logrando de novo 6 concelleiros e máis votos que á fronte da CPG. Porén, perdeu a alcaldía ó unirse o resto de partidos en torno ó único concelleiro independente de UMI José Antonio Santiso Miramontes, que foi elixido alcalde.La Voz de Galicia, 16-6-1991, p. 45. En xuño de 1992 apoiou unha moción de censura presentada polo edil do CDS Tomás Regueiro Cacheiro, o cal se converteu no novo alcalde.
En xaneiro de 1995, un edil socialista apoiou unha nova moción de censura que lle devolveu a alcaldía a Santiso Miramontes, o cal rematou encabezando a candidatura do PPdeG nas municipais dese mesmo ano. Nestas, encabezou de novo a candidatura socialista pero foi amplamente derrotado polo PPdeG de Santiso Miramontes, que logrou a maioría absoluta. Desta forma, retirouse da primeira liña política nese mandato. Finou en Abegondo o 18 de marzo de 2022 aos 88 anos.
Vida persoal Casou con Avelina Barros Concheiro.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Abegondo
Ligazóns externas Miguel Patiño, un abegondés consagrado ao servizo público
Categoría:Alcaldes de Abegondo Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes