Non confundir con Levante mediterráneo

Levante español, Levante peninsular ou simplemente Levante son termos que serven para referirse ao conxunto de comarcas españolas da costa mediterránea, en especial aquelas correspondentes á Comunidade Valenciana e á Rexión de Murcia, sendo máis ou menos coincidente co sector oriental da Península Ibérica.

O topónimo non se corresponde con ningunha demarcación administrativa que abarque o seu territorio, e solápase no seu uso cos de territorios históricos e comunidades autónomas, existindo un conflito terminolóxico.Informe del Consell Valencià de Cultura sobre el término "Levante" de 1996, realizado por Manuel Bas Carbonell y Francesc Pérez i Moragón.

O termo non é sinónimo de Comunidade Valenciana.

Territorio Actualmente non existe ningunha entidade política, territorio ou administración que englobe ou se ocupe desa zona. Desde o punto de vista da toponimia oficial, existe un Levante Almeriense, unha comarca da provincia de Almería, que abarca desde o cabo de Gata até Pulpí.

Segundo a Real Academia Española o termo Levante úsase como «Nome xenérico das comarcas mediterráneas de España, e especialmente as correspondentes aos antigos reinos de Murcia e de Valencia».

O termo úsase para referirse a algún aspecto común ou propio desta zona de España, xa sexa histórico, meteorolóxico ou de calquera outro tipo.

Historia Na década de 1930 o político alicantino Lorenzo Carbonell, do Partido Republicano Radical Socialista e daquela alcalde de Alacant, expresouse da seguinte maneira sobre o proxecto de Estatuto Regional Valenciano:

Nun informe de 1996 o Consell Valencià de Cultura –órgano consultivo en materia cultural das Cortes Valencianas– fala sobre a inconveniencia do termo Levante para referirse ao territorio da actual Comunidade Valenciana, antigo Reino de Valencia. Este informe argumenta que durante un tempo, xa no século XX, estableceuse este nome para aplacar a personalidade valenciana e evitar movementos nacionalistas, como sucedía noutros territorios. A este respecto o informe cita a Joan Fuster, personace fundamental no nacionalismo valenciano e ideólogo dos denominados Países Cataláns, dicía sobre o tema no seu libro Nosaltres els Valencians de 1962:

miniatura|150px|Botella de Estrella de Levante

O topónimo forma parte na actualidade do nome de diversas entidades, como: Estrella de Levante, unha empresa cervexeira orixinada en Murcia. O xornal valenciano Levante-EMV, cuxo nome data de 1939. O Levante Unión Deportiva (Levante UD), club deportivo surxido nos barrios pesqueiros de Valencia, e que debe seu nome ao vento de levante, que servía aos pescadores para volver a casa despois de faceren o seu traballo.

A arte rupestre levantina, Patrimonio da Humanidade A arte rupestre levantina foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1998, formando parte da nomenclatura administrativa da Arte rupestre do arco mediterráneo da Península Ibérica.Anna Alonso Tejada e Alexandre Grimal Navarro (1999): Introducción al Arte levantino a través de una estación singular: la Cueva de la Vieja (Alpera-(Albacete). Alpera: Asociación Cultural Malecón. ISBN 84-6059-066-6.Anna Alonso Tejada e Alexandre Grimal Navarro (2002): Contribución al conocimiento del Arte levantino en Albacete. II Congreso de Historia de Albacete. Albacete: Instituto de Estudios Albacetenses «Don Juan Manuel». ISBN 84-9539-440-5, páxinas 37-58.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Fuster, Joan (1979): Nosaltres, els valencians. Barcelona: Edicions 62. ISBN 84-2971-294-1. Preston, Paul e Saz, Ismael (2001): De la revolució liberal a la democràcia parlamentària: València (1808-1975). València: Universitat de València. ISBN 84-7030-855-6. San Martín, Angel, ed. (1999): Fi de segle. Incerteses davant un nou mil·lenni: X Universitat d’Estiu a Gandia. Volumen 27 de Col·lecció oberta: Arte. València: Universitat de València. ISBN 978-84-3701-604-7.

Categoría:Xeografía de España