María Machado, nada o 16 de outubro de 1937 en Karlsruhe (Baden-Württemberg, Alemaña nazi), é unha actriz e directora de teatro franco-alemá.
Traxectoria Despois de tres anos de teatro de repertorio en varias cidades alemás, trasladouse a París en 1965. Na capital francesa coñeceu a actriz Tania Balachova, quen a introduce no teatro francés. En 1969, Roland Dubillard creou un papel para ela en Le Jardin aux betteraves. Dende entón, fixéronse socios no escenario e compañeiros de vida.
Dende 1987, tras o ictus de Dubillard, Maria Machado encargouse de difundir a obra deste a un público máis amplo. A través dela, a editora Gallimard publicou os Carnets en marge, 50 ans de journal en 1998. As pezas de teatro, a poesía e outras obras foron reeditados pola mesma editora.
En 2008 e 2009 exerceu de observadora en Varsovia dos ensaios de Krzysztof Warlikowski da súa creación para o festival de Aviñón, (A)pollonia. En 2009 e 2010 liderou unha estadía de intérpretes residentes na rexión de Illa de Francia para a montaxe dunha nova obra, Héraclès, do autor estadounidense William Page.
Teatro
Como directora Les Crabes (1995) Je dirai que je suis tombé (1998) Iphigenia (2002) Si Camille me voyait... (2004) La Boîte à outils (2006) Le Bain de Vapeur (2008) Héraclès (2010)
Como actriz Le Grand Cérémonial (1966) Un parfum de fleurs (1967) Antigone (1967) Le Jardin aux betteraves (1969) Massacrons Vivaldi (1970) Les Crabes (1970) Haggerty où es-tu ? (1971) ...où boivent les vaches (1972) Le Bain de vapeur (1976) La Culotte d’une jeune femme pauvre (1978) Chacun sa vérité (1981) Bag Lady (1983) Chiens sous la minuterie (1986) La Venexiana (1986) Les Crabes (1995) Je dirai que je suis tombé (1998) Concetti (1999) Denn wie man sich bettet, so liegt man… (2003) Fragmentos de Madame fait ce qu’elle dit (2004) Les Crabes ou les Hôtes et les Hôtes (2004)
Filmografía
Cinema Monsieur le président-directeur général (1966) Paris brûle-t-il ? (1966) La Promesse de l'aube (1970) Le Moine (1973) Rosebud (1975) Anthracite (1980) Charlotte S. (1981) L’Été meurtrier (1983) Derborence (1985) Natalia (1989) Tchin-Tchin (Cin Cin) (1991) Transit (1991) Le Loup-garou de Paris (1997)
Televisión Combat !, episodio Missing in Action (1962) The Gallant Men, épisode Operation Secret (1963) 77 Sunset Strip, épisode Our Man in Switzerland (1963) Chapeau melon et bottes de cuir (The Avengers), épisode Two's a Crowd (1965) Allô Police, épisode Brelan d'as (1967) Face aux Lancaster (1971) Naïves Hirondelles de Michel Genoux (1975) Deux amies d'enfance (1983) Contes clandestins (1985) The Making of Dances with Wolves (1989) Taxi Girl (1992)
Tamén fixo varios telefilmes alemáns, como Ein unruhiges Jahr, de Kristian Kühn, ou Eine kleine Liebe.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en Karlsruhe Categoría:Nados en 1937 Categoría:Actores de televisión de Alemaña Categoría:Actores de teatro de Alemaña Categoría:Actores de cinema de Alemaña Categoría:Directores de teatro de Alemaña