Matt Molloy, nado o 12 de xaneiro de 1947 é un músico irlandés, procedente dunha rexión coñecida por producir frautistas talentosos. Cando era un rapaz, comezou a tocar a frauta e gañou o Campionato de frauta de Irlanda aos dezanove anos. Considerado un dos músicos irlandeses máis brillantes, o seu estilo que adapta as técnicas de gaita á frauta influíu en moitos frautistas irlandeses contemporáneos.

Traxectoria dereita|miniatura|238x238px| Pub de Matt Molloy en Bridge Street, Westport Durante a década de 1970, Molloy foi membro de The Bothy Band e da súa sucesora, a refundada Planxty. En 1979 uniuse a The Chieftains, substituíndo a Michael Tubridy. Ao longo da súa carreira, Molloy traballou coa Irish Chamber Orchestra, Paul Brady, Tommy Peoples, Micheál Ó Súilleabháin e Dónal Lunny. Tamén ten colaborado con músicos célebres como Carlos Núñez e Mike Oldfield.

Molloy ten un pub en Bridge Street en Westport, no condado de Mayo, onde hai sesións regulares de música irlandesa.

Discografía Álbums solistas

Matt Molloy with Donal Lunny (1976) Molloy, Brady, Peoples (1978) Contentment Is Wealth (1985) Heathery Breeze (1985) Stony Steps (1987) The Fire Aflame (1992) Music at Matt Molloy's (1993) Shadows on Stone (1996) The West Ocean String Quartet (with Matt Molloy):The Guiding Moon (2007) Pathway to the Well (2007) Matt Molloy, John Carty, Arty McGlynn Back to the Island (2019) Artista colaborador

The Rough Guide to Irish Music (1996)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Matt Molloy, sitio web oficial Unha entrevista con Matt Molloy

Categoría:Nados en 1947 Categoría:Músicos de Irlanda Categoría:Música de Irlanda