Gian Guido Belloni, nado en Milán o 21 de setembro de 1919 e finado na mesma cidade o 21 de agosto de 1996, foi un historiador e numismático italiano especializado na Antigüidade romana e grega."Belloni, Gian Guido (1919-1996)". BnF: Notice de persone.
Traxectoria Gian Guido Belloni naceu o 21 de setembro de 1919 en Milán.Perassi, C. "Gian Guido Belloni ". En Airoldi, F. et al. (2019). Páxina 11.
A súa carreira estivo moi vinculada ao ámbito museal. No Museo das Arte Decorativas de Milán ocupou os postos de conservador, vicedirector e, finalmente, director. Do mesmo xeito, entre 1968 e 1972 dirixiu o Museo Arqueolóxico e o Gabinete Numismático de Milán.
En 1967 foi o fundador da revista Notizie dal Chiostro del Monastero Maggiore. Rassegna di studi archeologici e numismatici.Perassi, C. "Gian Guido Belloni ". En Airoldi, F. et al. (2019). Páxina 12.
A partir de 1972, a súa actividade centrouse exclusivamente no ensino universitario, logo de que en 1962 acadara a súa habilitación para a docencia de Numismática. Na Universidade de Xénova foi profesor de Numismática Antiga (1971-1980) e de Historia Romana (1980-1982). En 1982 pasou definitivamente á Universidade Católica do Sagrado Corazón, en Milán, onde xa se encargaba da materia de Numismática xa desde 1968, dado que nese ano acadou a cátedra de Antigüidade romana, que ocupou ata a súa xubilación en marzo de 1995.
Os seus intereses como investigador centráronse en diversos aspectos da Antigüidade, sinaladamente na circulación monetaria na Antiga Grecia e na Antiga Roma, con algunhas incursións noutros temas como a moeda longobarda e medieval.
Entre outras entidades académicas e asociativas, Belloni foi membro correspondente do Instituto Arqueolóxico Alemán, da Pontificia Academia Romana de Arqueoloxía, do Instituto Nacional de Estudos Etruscos e Itálicos, do Instituto Bonaerense de Numismática e Antigüidades, e da Sociedade Numismática Italiana, da que foi nomeado membro honorífico en 1996.Perassi, C. "Gian Guido Belloni ". En Airoldi, F. et al. (2019). Páxina 13.
Recoñecementos En recoñecemento ás súas achegas á historia e á numismática, Gian Guido Belloni foi nomeado Cabaleiro Oficial da República e Comendador da Orde de Chipre.
Premios
(1981): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática, de París."Médaille et jeton de vermeil". Société Française de Numismatique (SFN).
Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Gian Guido Belloni ao longo da súa traxectoria:Pera, R. et al. (ed.) (1996)."Belloni, Gian Guido". WorldCat Identities.
(1956). Avori tardo-classici e altomedioevali. A. Martello, Milán. (1958). I capitelli romani di Milano. Centro nazionale di Studi per la Storia dell' Architettura, Roma. (1960). Le monete romane dell'età repubblicana. Comune di Milano, Milán. (1966). monete greche e romane del Museo teatrale alla Scala. Nuove edizioni, Milán. (1974). Significati storico-politici delle figurazioni e delle scritte delle monete da Augusto a Traiano (Zecche di Roma e 'imperatorie'). De Gruyter, Berlín / Nova York. (1977). Gabinetto Numismatico (2 tomos). Electa, Milán. (1993). La moneta romana: società, politica, cultura. NIS, Roma. (1996). L'uomo romano: affermazione del dominio e fermenti dello spirito. Capelli, Boloña.
Véxase tamén
Bibliografía
Airoldi, F. et al. (2019). ΕΡΓΑ ΚΑΙ ΗΜΕΡΑΙ. Gian Guido Belloni (1919-1996) . Educatt, Milán. ISBN 978-88-9335-552-0 Pera, R. et al. (ed.) (1996). Gian Guido Belloni. Scritti di Archeologia, Storia e Numismatica. Ed. Vita e Pensiero, Milán. ISBN 9788834324554 Pera, R. (1997). "Ricordo di Gian Guido Belloni". En Rassegna di Studi del Civico Museo Archeologico e del Civico Gabinetto Numismatico di Milano. Nº 59-60. Páxina 213. ISSN 1120-0243 Perassi, C. (1997). "Gian Guido Belloni". En Rivista Italiana di Numismatica. 98. Páxinas 323-325.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Gorini, G. (1988). "Cento anni della Rivista italiana di numismatica". En Rivista italiana di numismatica. XC.
Categoría:Nados en 1919 Categoría:Finados en 1996 Categoría:Nados en Milán Categoría:Numismáticos de Italia Categoría:Historiadores de Italia Categoría:Historiadores de Historia Antiga Categoría:Galardoados co Jeton de Vermeil Categoría:Membros do Instituto Arqueolóxico Alemán Categoría:Directores de museos Categoría:Profesores da Universidade de Xénova Categoría:Profesores da Universidade Católica do Sagrado Corazón Categoría:Personalidades sen imaxes