Harrold Edgar Gillingham, nado en Nova Jersey en 1864 e finado o 25 de marzo de 1954, foi un coleccionista, historiador e numismático estadounidense
Traxectoria Harrod E. Gillingham naceu en 1864 en Nova Jersey, fillo de Tacy Shoemaker Morris e do militar Frank C. Gillingham.Nichols, R. F. (1954) .
Asistiu á escola en Filadelfia, na antiga Academia de Artes Lauderbach e na Academia Germantown, e aos 18 anos comezou a traballar como empregado dunha compañía de seguros, ata que fundou a súa propia empresa. Co tempo foi ampliando os seus campos de negocio e chegou a ser presidente da compañía ferroviaria Mine Hill and Schuylkil Haven Railroad Company, e vicepresidente da 13th and 15th Streets RailwayCompany.
Paralelamente á súa actividade empresarial, tanto el como a súa muller, Louise Hance Long, sentían grande atracción polos asuntos históricos e polo coleccionismo, sinaladamente de ourivaría, medallas e condecoracións. En 1930 vendeu a súa colección de 4.000 condecoracións de ordes de cabalaría e medallas de guerra."Gillingham, Harrold E.". McGill. Archival Collections Catalogue.
Gillingham escribiu numerosos artigos e un bo número de libros acerca de temas tan variados como a xenealoxía, os ourives de Filadelfia, a construción naval, a protección contra incendios, a fabricación de ladrillos e, sobre todo, as condecoracións civís e militares de diversos países, sempre cunha perspectiva histórica.
Entre outras entidades académicas e de carácter asociativo, Gillingham foi membro da Welcome Society, da Colonial Society of Pennsylvania e da Pennsylvania Society of Sons of the Revolution. Tamén foi un dos membros máis antigos da Historical Society of Pennsylvania (HSP), na que permaneceu durante sesenta anos, algúns deles como vicepresidente, e desde 1953 como membro honorario. Na súa revista, The Pennsylvania Magazine of History and Biography, publicou a maioría dos seus artigos. A HSP alberga hoxe parte das súas coleccións de artesanía, instrumentos diversos e numismática da primeira época dos EEUU."Numismatic Archival Collections in Other U.S. Repositories ". American Numismatic Society.
No ámbito numismático, Gillingham ocupou tamén diferentes cargos na Sociedade Numismática e Anticuaria de Filadelfia, e foi tesoureiro (1924-1939)"Treasurers of the American Numismatic Society". American Numismatic Society. e vicepresidente segundo (1942-1945)"Vice-Presidents of the American Numismatic Society ". American Numismatic Society. da American Numismatic Society, que en 1931 o honrou coa concesión do seu máximo recoñecemento, a medalla Huntington."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.
Gillingham Faleceu repentinamente o 24 de marzo de 1954.
Recoñecementos
(1931): Medalla Huntihgton, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society..
Publicacións Esta é unha escolma dos principais traballos publicados por Harrold E. Gillingham ao longo da súa traxectoria:"Gillingham, Harrold E. (Harrold Edgar) 1864-1954". WorldCat Identities.
Monografías
(1901). The Gillingham family, descendants of Yeamans Gillingham. Patterson & White, Filadelfia. (1914). Fire-marks of American fire insurance companies. Filadelfia. (1922). French orders and decorations. American Numismatic Society, Nova York. (1923). Italian orders of chivalry and medals of honour. American Numismatic Society, Nova York. (1926). Spanish orders of chivalry and decorations of honour. American Numismatic Society, Nova York. (1928). Notes on the decorations and medals of the French colonies and protectorates . American Numismatic Society, Nova York. (1932). South American decorations and war medals . American Numismatic Society, Nova York. (1935). Ephemeral decorations. American Numismatic Society, Nova York. (1939). Counterfeiting in colonial Pennsylvania . American Numismatic Society, Nova York. (1939). Notes on the Burds of Ormiston, Scotland and Philadelphia. Genealogical Society of Pennsylvania, Filadelfia. (1940). The first orreries in America. Franklin Institute, Filadelfia. (1940). Mexican decorations of honour . American Numismatic Society, Nova York.
Artigos
(1927). "Indian and military medals from colonial times to date". En The Pennsylvania Magazine of History and Biography. Vol. 51. Nº 2. Páxinas 97-125. Historical Society of Pennsylvania (HSP), Filadelfia. (1929). "Some early brickmakers of Philadelphia". En The Pennsylvania Magazine of History and Biography. Vol. 53. Nº 1. Páxinas 1-17. HSP, Filadelfia. (1930). "The cost of old silver". En The Pennsylvania Magazine of History and Biography. Vol. 54. Nº 1. Páxinas 32-51. HSP, Filadelfia. (1931). "The Philadelphia Windsor chair and its journeyings". En The Pennsylvania Magazine of History and Biography. Vol. 54. Nº 4. Páxinas 301-332. HSP, Filadelfia. (1934). "Indian Silver Ornaments". En The Pennsylvania Magazine of History and Biography. Vol. 58. Nº 2. Páxinas 97-126. HSP, Filadelfia.
(1943). "Indian Trade Silver Ornaments Made by Joseph Richardson, Jr.". En The Pennsylvania Magazine of History and Biography. Vol. 67. Nº 1. Páxinas 83-91. HSP, Filadelfia.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Nichols, R. F. (1954). "In Memoriam Harrold Edgar Gillingham 1864-1954 ". En Pennsylvania Magazine of History and Biography. Historical Society of Pennsylvania, Filadelfia. Vol.78. Nº 3. Xullo. Páxina 369.
Categoría:Nados en 1864 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Nados en Nova Jersey Categoría:Coleccionistas Categoría:Historiadores dos Estados Unidos de América Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Personalidades sen imaxes