miniatura| Matilde de Artois Matilde de Artois (en francés: Mahaut d'Artois Xenealoxía de Mathilde de Artois, segunda esposa de Odón V de Borgoña na páxina Medieval Lands), nada en 1268 e finada en París o 28 de outubro de 1329, tamén coñecida como Mathilda, foi unha nobre francesa, a única filla de Roberto II de Artois, conde de Artois e Amicia de Courtenay. Traxectoria Liñaxe Os seus avós paternos eran Roberto I, conde de Artois, e Matilde de Brabante. Os seus avós maternos eran Pedro de Courtenay, señor de Courtenay e Petronila de JoignyBurke's Peerage. Irmáns Filipe de Artois (1269 - 1298), casado con Branca de Dreux, filla de Xoán II, duque de Bretaña, de quen tivo cinco fillos. Roberto de Artois (n. 1271), que morreu novo. Matrimonio e descendencia En 1291, Matilde casou con Odón IV, conde de Borgoña, de quen tivo tres fillos, entre eles dúas fillas que casaron cos príncipes de FranciaBurke's Peerage:
Xoana II (1292-1330), casada con Filipe de Poitiers, máis tarde rei Filipe V. Branca (1296? -1326), casada con Carlos IV de Francia. Roberto (1300-1315).
Debido á morte prematura do seu irmán Filipe en 1298, herdou o condado de Artois á morte do seu pai en 1302, en lugar do seu sobriño Roberto (a pretensión deste último á herdanza baseábase na proximidade consanguínea). Aínda que el reiteradamente desafiaba esta decisión, os dereitos de Matilda sobre o condado foron constantemente mantidos. Foi unha administradora capaz e conseguiu vencer moitas rebelións perpetradas por membros da nobreza. O seu principal administrador foi o bispo da diocese de Arres, Thierry d'Hérisson. Á súa morte en 1329, o condado foi herdado pola súa filla Xoana, condesa de Borgoña, raíña viúva de Filipe V de Francia.
Tras a morte do recentemente nacido rei Xoán I de Francia, no reino se rumoreaba que Matilde o envelenara, xa que manifestou un sospeitoso interese en presentar o rei aos grandes baróns, tras o cal, esa mesma noite, malia que gozaba de boa saúde, o rei caeu enfermo e morreu na madrugada do día seguinte. Á súa morte, o condado foi herdado pola súa filla Xoana II, condesa de Borgoña. Na ficción Matilde de Artois é unha das personaxes principais d'Os reis malditos, unha serie de novelas históricas escritas por Maurice Druon. Druon descríbea como a envelenadora do rei Lois X e do seu fillo recentemente nado, sendo á súa vez envelenada por unha criada, que orixinalmente a axudou a envelenar aos reis. Foi interpretada por Hélène Duc na miniserie para televisión de 1972 e por Jeanne Moreau no remake de 2005. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nobres de Francia Categoría:nados en 1268 Categoría:finados en 1329