miniatura|300px|Ponte da Pasaxe na ría do Burgo.
Denomínase obra pública <ref>Obra pública no Dicionario da Real Academia Galega.</ref> a cada un dos traballos de construción, xa sexan infraestruturas ou edificacións, promovidos por unha administración de goberno (en oposición á obra privada'') tendo como obxectivo o beneficio da comunidade.
As obras públicas fomentáronse dende a antigüidade. Por exemplo, o emperador romano Nerón animou a construción de varios proxectos de infraestruturas durante a deflación xeneralizada.
Tipos de contrata Existen dous tipos de contrata para a obra pública:
Contrata directa Licitación pública (concurso de prezos). Nesta, distintas empresas poden presentarse ao concurso debendo realizar unha proposta de proxecto e unha proposta económica. O proxecto que mellor se adecúe ás necesidades do goberno será o ganador e a empresa que o presentou será a encargada de executar a obra.
Principais tipos de obras públicas miniatura|280px|Ponte da exposición en Valencia.
Entre as principais obras públicas encóntranse:
Infraestruturas de transporte, que inclúe: o terrestre (autoestradas, autovías, estradas, camiños), o marítimo e fluvial (portos, canais), o aéreo (aeroportos), o ferroviario e o transporte por condutos (oleodutos). Infraestruturas hidráulicas (presas, redes de distribución, depuradoras). Infraestruturas urbanas, que inclúe rúas, parques, alumeamento público etc. Edificios públicos (educativos, sanitarios, oficinas ou para outros fins.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Infraestrutura Ben público Ligazóns externas Planete TP - O mundo das Obras públicas . Colegio de Ingenieros Técnicos de Obras Públicas de España