Nucifraga columbiana é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos, unha das tres integradas no xénero Nucifraga,Nucifraga Brisson, 1760 no GBIF. Consultado o 3 de decembro de 2021.Nucifraga Brisson, 1760 no ITIS. Consultado o 3 de decembro de 2021.

As outras dúas especies do xénero son Nucifraga multipunctata, antigamente considerada como unha subespecie de Nucifraga caryocatactes (N. c. multipunctata), do Himalaia, e Nucifraga caryocatactes, propia de Eurasia.

Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1811 polo poeta, naturalista, ornitólogo e ilustrador estadounidense de orixe escocesa Alexander Wilson,Nucifraga columbiana (A. Wilson, 1811) no ITIS. baixo o nome de Corvus columbiana.Nucifraga columbiana (A.Wilson, 1811) no GBIF. Consultado o 3 de decembro de 2021).

Etimoloxía Para a do xénero, ver Nucifraga.

O epíteto específico, columbiana, debese a que o seu espécime tipo foi un exemplar encontrado na Columbia Británica.

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido (2021), a especie coñeceuse como: Corvus columbiana Wilson, 1811.

Hábitat e distribución Nucifraga columbiana, coñecido vulgarmente na bibliografía internacional como crebanoces americano, ou de Clark, é o representante Norteamericano do xénero Nucifraga, ten o seu hábitat nos piñeiros de altura (de 900 a 3 900 m).

Distribúese polo oeste do subcontinente, desde o Canadá até o norte de México.

Características O crebanoces de Clark é un pouco máis pequeno que o seu parente eurasiático, Nucifraga caryocatactes. A maior parte do seu corpo está cuberto por plumas de cor gris cinza. As ás e a cola son brancas e negras; as centrais da cola son negras e as exteriores brancas. O bico, as patas (incluídos os dedos) tamén son negros. O bico é longo, robusto e de forma cónica.

Dimensións Tamaño: de 27 a 30 cm.Clark's Nutcracker Identification, All About Birds, Cornell Lab of Ornithology en allaboutbirds.org]. Consultado o 3 de decembro de 2021. Masa corporal: de 106 a 161 g. Envergadura: 61 cm.Andy McCormick: Clark's Nutcracker en Eastside Audubon. Consultado o 3 de decembro de 2021.

Bioloxía miniatura|240px|Nucifraga columbiana no estado de Washington miniatura|240px|Nucifraga columbiana, debuxo orixinal de Alexander Wilson Nutrición As fonte máis importante de alimentación desta especie son os piñóns, é dicir, as sementes dos piñeiros, principalmente das dúas especies de clima frío (por habitaren a grandes altitudes) de piñeiros brancos (Pinus subxénero Strobus) con grandes sementes (P. albicaulis e P. flexilis), pero tamén usa outras especies de grande altitude, como o P. balfouriana, o P. longaeva e o P. monticola.

Durante as súas obrigadas migracións a altitudes menores, cando o alimento escasea, tamén usa amplamente as sementes de piñeiros piñoneiros. A poboación illada de Cerro Potosí asóciase estreitamente cun endemismo local, Pinus culminicola.

Todos os crebanoces americanos teñen un saco sublingual capaz de gardar de 50 a 150 sementes, dependendo do tamaño destas.Tomback, D. F. (1998): "Clark's Nutcracker (Nucifraga columbiana)". En A. Poole & F. Gill, eds. The Birds of North America, Nº 331. Philadelphia: The Birds of North America, Inc. Esta bolsa acrecenta grandemente a capacidade destes paxaros de transportar e almacenar sementes.

Reprodución Esta especie adoita aniñar en piñeiros ou outras coníferas a principios da primavera. As femias poñen de dous a catro ovos. A incubación, a cargo das femias e dos machos, dura de 16 a 18 días.

Tanto os machos como as femias coidan das crías. Os polos adoitan emplumar ao redor dos 22 días de vida. Os polos cando poden voar acompañan aos seus pais durante varios meses, posibelmente para aprender o complexo comportamento da obtención e o almacenamento das sementes.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), considerando que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamente grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de "vulnerábel" segundo o criterio do tamaño do rango (extensión de presenza <20 000 km<small>2</small>), e a pesar de que a tendencia da poboación parece estar diminuíndo, non se cre que a diminución sexa o suficientemente rápida como para acercarse aos limiares de vulnerábel. O tamaño da poboación é extremadamente grande e, polo tanto, non se acerca aos limiares de vulnerábel segundo este criterio. Por todo isto, a UICN avalía o status desta especie como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2016): Nucifraga columbiana na Lista vermella da UICN. Consutada o 3 de decembro de 2021.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, Josep; David Christie & Andrew Elliott, eds. (2009): Handbook of the Birds of the World. Volume 14. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-350-7, p. 611. Gill, Frank & Donsker, David, eds. (2019): "Crows, mudnesters, birds-of-paradise". World Bird List. Version 9.1. International Ornithologists' Union. Consultada o 3 de decembro de 2021. Madge, S. (2009): "Spotted Nutcracker (Nucifraga caryocatactes). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E., eds. Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions. Mayr, Ernst & Greenway, James C. Jr, eds. (1962): Check-list of birds of the world. Volume 15. Cambridge, Massachusetts: Museum of Comparative Zoology, p. 256.

Outros artigos Córvidos Nucifraga

Categoría:Córvidos Categoría:Aves de América do Norte Categoría:Animais descritos en 1811