A educación do home e da muller e outros escritos feministasO libro está dispoñible e pódese descargar libremente dende a páxina web da RAG: é un libro publicado pola Real Academia Galega e o Parlamento de Galicia publicado co gallo do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán. Este libro recolle o ensaio A educación do home e a muller presentado no Congreso Pedagóxico de 1892 e traducido ao galego por Mónica Bar Cendón e outros escritos feministas seleccionados por Marilar Aleixandre que contribúen ao coñecemento do pensamento dunha muller adiantada ao seu tempo.
Contido Inclúe limiares de Miguel Santalices, Víctor Freixanes e Marilar Aleixandre e os seguintes textos de Emilia Pardo Bazán:
"A educación do home e da muller as súas relacións e as súas diferenzas" (de 1892). "Feminismo" (1901) "Mullericidios" (1901) "Como nas cavernas" (1901) "Elisa e Marcela" (1901) "Maltrato" (1907) "Fumar" (1911) "O decoro" (1915)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Presentación do libro 'A educación do home e da muller e outros escritos feministas' en YouTube.
Categoría:Obras feministas escritas Categoría:Ensaio Categoría:Obras literarias de 2021 Categoría:Emilia Pardo Bazán