Cándido Losada Estévez, Malvavisco, nado na Gudiña,Nalgunhas fontes afírmase que naceu en Castromil (Hermisende) foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Obreiro do ferrocarril, veciño da Vilavella (A Mezquita). Membro da UGT e afiliado ao PSOE. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou no asalto ao cuartel da Nueva Puebla en Requeixo de Seabra. Fuxiu a Portugal e pasou a Francia en 1944. Participou na Operación Reconquista de España e foi apresado. Conseguiu fuxir e incorporouse á guerrilla. Foi un dos que se dedicaron a prover armamento á Federación de Guerrillas de León-Galicia. Formou parte do grupo dirixido por Domingo Rodríguez (Inca). En 1952 logrou fuxir de Galicia e exiliarse en Francia.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas «El Malvavisco», un sanabrés que abastecía de balas a los maquis

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados na Gudiña Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en ano descoñecido