Alan, ou Alano III de Rennes, nado en 997 e finado o 1 de outubro de 1040, foi un nobre normando que foi conde de Rennes e duque da Bretaña entre 1008 e 1040.

Traxectoria Primeiros anos Alan era fillo do duque Godofredo I e da súa esposa Havoisa de Normandía,Schwennicke, Tabla 75.

Sucedeu ao seu pai en 1008,Piette, p. 38. porén, tendo en conta de que era menor de idade, a súa nai exerceu a rexencia,The Gesta Normannorum Ducum, pp. 14-15. mentres que o seu irmán Ricardo II de Normandía asumiu a tutela do ducado da Bretaña.Neveux, p. 108.

En 1010 unha gran rebelión campesiña, que se estendeu desde o ducado de Normandía ao da Bretaña, puxo en serio risco a rexencia de Havoisa, que animou ao seu fillo para que levara aos nobres a esmagar a rebelión.Palgrave, pp. 168-169.

Conflito con Roberto I de Normandía

En agosto de 1027, cando Roberto I de Normandía tomou o poder no seu país, ao parecer Alan, primo seu, aproveitou a conmoción resultante para sacar a Bretaña da soberanía normanda.Neveux, p. 108. A principios da década de 1030, Roberto atacou con éxito a cidade de Dol e Alan, en resposta, invadiu o Avranchin, ataque que foi rexeitado, pero que non foi o último, xa que continuaron as incursións dun e doutro lado.Crouch, p. 50.

Despois de que Roberto levara a cabo unha invasión por terra e por mar, Roberto de Évreux, arcebispo de Ruán e tío de ambos os dous primos conseguiu unha tregua entre os seus dous sobriños, en Le Mont-Saint-Michel, onde Alan xurou fidelidade a Roberto.The Gesta Normannorum Ducum, p. 78-79. Cando este partiu cara a Terra Santa (principios de 1035), designou ao seu primo Alan como un dos gardiáns de seu fillo GuillermeOrderico Vital, p. 161.

Últimos anos En 1037, á morte do arcebispo de Ruán, Roberto, o goberno de Normandía quedou en mans de Alan e o seu primo Xilberto de Brionne,Crouch, p. 61. que designaron para a sede vacante ao arcebispo Mauger de Ruan, tratando de gañar o apoio deste para o duque Guillerme.Crouch, p. 61.

O 1 de outubro de 1040, mentres asediaba un castelo rebelde en Vimoutiers, Ducado de Normandía, Alan morreu de repente.Crouch, p. 61. Segundo Orderico Vita, foi envelenado por normandos.Orderico Vital, p. 74. Non moito despois, Xilberto de Brionne tamén foi asasinado mentres cabalgaba cuns amigos.Crouch, p. 61.

Familia En 1018 Alan casou con Berta de Blois, de quen tivo dous fillos:Schwennicke, Tabla 75. Conan II, duque da Bretaña Havoisa, duquesa da Bretaña. Despois do 14 de maio de 1046, a súa viúva casou en segundas nupcias con Hugo IV de Maine.Schwennicke, Tabla 75.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Crouch, David. The Normans. Hambledon Continuum, Nova York, 2007. Orderico Vital. The Ecclesiastical History of England and Normandy, Trans. Thomas Forester, Vol. II. Henry G. Bohn, Londres, 1854. Palgrave, Francis. The History of Normandy and England, Vol. III. Macmillan & Co. Londres, 1864. Piette, Gwenno. A concise History of Brittany. University of Wales Press, Cardiff, 2008. Schwennicke, Detlev. Europäische Stammtafeln: Stammtafeln zur Geschichte der Europäischen Staaten, Neue Folge, Band II. Verlag von J. A. Stargardt, Marburgo, 1984. The Gesta Normannorum Ducum of William of Jumieges, Orderic Vitalis, and Robert of Torigni, Vol. II. Ed. e trad. Elisabeth M. C. Van Houts. The Clarendon Press, Oxford e Nova York, 1995).

Categoría:Normandos Categoría:Nados en 997 Categoría:Finados en 1040 Categoría:Duques da Bretaña