Os missi dominici (en singular, missus dominicus) foron unha institución de carácter compensatorio entre o poder central e o territorial. Foran empregados algunha vez polos merovinxios, pero quen lles deu uso real foi Carlomagno, sendo mencionados expresamente no ano 805. Os missi dominici eran unha parella de inspectores, un laico e o outro un eclesiástico, que percorrían os condados recordando aos seus señores as súas obrigas.Kikuchi, Shigeto (2013): Untersuchungen zu den Missi dominici. Herrschaft, Delegation und Kommunikation in der Karolingerzeit. pp. 58–66. Ademais da inspección do dereito e a administración, ocupábanse da publicación das "capitulares", que eran textos de política interna. Estes eran chamados así por estaren divididos en capítulos, e substituían aos antigos decretos e edictos, refiríndose a leis, disposicións administrativas e regulamentos, tanto de dereito penal e dereito administrativo, como dereito canónico, pero non, antes do ano 800, de dereito civil.
Os missus teñen semellanzas superficiais cos correctores dos romanos,O corrector era unha persoa que realiza correccións, xeralmente quitando ou poñendo en orde erros ou problemas. excepto que os missus eran enviados con regularidade. Catro aspectos fixeron que os missi foran efectivos como instrumentos da monarquía centralizada: o carácter persoal dos missus, o seu cambio anual, o illamento dos intereses locais e a súa libre elección polo rei. Laughlin, James Laurence (1903): The decline of the missi dominici in Frankish Gaul. Os condes, ao entraren na vasalaxe real, quedaban máis estreitamente ligados ao soberano. Por iso, quedaban suxeitos á vixilancia dos mensaxeiros do rei, que interviñan tamén no seu nomeamento.
O nomeamento dos missi dominici facíase entre os membros do alto clero (abades, bispos, capeláns), pola parte eclesiástica, e entre os condes e vasalos non asentados no territorio a inspeccionar, pola parte laica. Carlomagno dividiu o reino en missatica, ou territorios de inspección.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Baxter, Stephen; Catherine Karkov, Janet L. Nelson & David Pelteret, eds. (2009): Early Medieval Studies in Memory of Patrick Wormald. Londres: Routledge. ISBN 978-1-3152-5725-9. Bougard, François (1955): La justice dans le royaume d'Italie de la fin du VIIIe siècle au début du XIe siècle. Roma: École française de Rome. ISBN 2-7283-0325-8. Jedin, Hubert (2016): Manual de Historia de la Iglesia católica. Tomo III. Barcelona: Herder Editorial. ISBN 978-84-2540-549-5.
Categoría:Merovinxios Categoría:Imperio carolinxio