Co nome de Reino de África ou Reino Normando de África coñécense as posesións africanas da Casa de Hauteville, territorios ocupados, a partir de 1135, polo rei normando de Sicilia, Roxerio II, na zona costeira norteafricana de Tunisia e Tripolitania, e anexionado, de facto, ao Reino de Sicilia.
Historia Roxerio II de Hauteville fixo do seu reino de Sicilia a nación dominante no Mediterráneo. Grazas a unha poderosa frota, formada baixo a dirección de varios almirantes, fixo unha serie de conquistas na costa de África entre 1135 e 1153, que ían desde Trípoli (actual Libia) até o cabo Bon (actual Tunisia) e Bona (actual Alxeria).
Nesas dúas décadas, Roxerio II creou un "Reino Normando de África", que se converteu nunha especie de "protectorado" siciliano, apoiado en parte pola pequena comunidade cristiá que sobrevivira á conquista musulmá da África do Norte.Alex Metcalfe (2009): The Normans in Africa, in The Muslims of Medieval Italy. Edimburgh: Edinburgh University Press. ISBN 978-0-7486-2008-1, p. 160.
Os normandos aproveitaron o feito de que unha epidemia (seguida dunha gran fame) debilitara aos musulmáns de Tunisia, e foron recibidos con simpatía polos habitantes grazas aos alimentos que levaron os normandos desde Sicilia.Con eles trasladáronse varios centos de cristiáns, que crearon un resentimento entre os musulmáns locais. Na capital, Mahdia, foi aberta oficialmente unha igrexa católica local, a primeira desde a conquista árabe do século VIII.
En 1146 o rei normando aproveitou unha crise interna entre os musulmáns para conquistar toda a Tripolitania costeira até o golfo de Sidra.
Os normandos de Sicilia deron total autonomía administrativa aos nobres musulmáns locais, pero xa en 1158, pouco despois da morte de Roxerio II en 1154, reinando xa Guillerme II de Sicilia, os almohades apoderáronse de case todo o Reino de África.
En 1160, a capital do reino e último baluarte cristián en África do Norte, Mahdia, caeu en mans árabes.Francesco Gabrieli (1959): Normanni e Arabi, «Archivio storico pugliese», XII.
Sucesivamente os cristiáns de África desapareceron a causa das persecucións dos fanáticos musulmáns almohades, aínda que unhas moi pequenas comunidades sobreviviron no sur de Tunisia durante algúns séculos máis.Virginie Prevost (2007): "Les dernières communautés chrétiennes autochtones d’Afrique du Nord"] Revue de l’histoire des religions 4: 461-483. (Texto íntegro).
Último reduto Soamente a pequena illa de Tabarka, no norte de Tunisia, quedou en mans cristiás (até o inicio do Renacemento), por ser propiedade da República de Pisa que tiña contratos comerciais de explotación do coral co bei de Tunes. O illote de Tabarka (40 hectáreas), converteuse co tempo no predecesor das Prazas de soberanía españolas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Alex Metcalfe (2009): The Muslims of Medieval Italy Edinburgh: Edinburgh University Press. ISBN 978-0-7486-2008-1. Charles Dalli (2008): Bridging Europe and Africa:Norman Sicily’s Other Kingdom. Pisa: Edizioni Plus. Pisa University Pres. ISBN 978-88-8492-554-1. David Abulafia (2001): Ifriqiyya, in Enciclopedia federiciana, Vol. I. Istituto dell'Enciclopedia italiana Treccani. Francesco Gabrieli (1999): Normanni e Arabi. Archivio storico pugliese, XII, pp. 53-68. Hubert Houben (1999): Ruggero II di Sicilia: un sovrano tra Oriente e Occidente. Roma: Laterza.
Outros artigos Casa de Hauteville Reino de Sicilia Roxerio II de Sicilia
Categoría:Normandos Categoría:Reino de Sicilia Categoría:Historia de Italia Categoría:Historia de Alxeria Categoría:Historia de Tunisia Categoría:Historia de Libia