Manuel Hermida Vázquez, nado en Ourense cara a 1869 e finado en Monforte de Lemos o 14 de febreiro de 1960, foi un xornalista e funcionario galego.

Traxectoria Instalado en Monforte de Lemos, dirixiu os periódicos Heraldo de Lemos e La Opinión (a partir de xaneiro de 1904). Foi nomeado recadador-depositario de fondos municipais en 1925.El Pueblo Gallego, 28-10-1925, p. 11. Foi administrador da Casa de Alba en Monforte. Finou en Monforte de Lemos o 14 de febreiro de 1960 con 90 anos.El Progreso, 18-2-1960, p. 2.

Vida persoal Foi pai de Carmen e Manuel Hermida Balado.

Notas

Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Nados en Ourense

Categoría:Nados en 1869

Categoría:Finados en 1960