The Getaway é o décimo primeiro álbum de estudio da banda estadounidense de rock Red Hot Chili Peppers, lanzado por Warner Bros. o 17 de xuño de 2016. É o primeiro álbum de estudio do grupo dende I'm with You en 2011, e foi producido por Danger Mouse, quen substituíu a Rick Rubin logo de 25 anos e seis álbums como produtor da banda. É o segundo é último álbum da banda co guitarrista Josh Klinghoffer, antes do regreso de John Frusciante en 2019.
The Getaway fixo o seu debut como número un en dez países diferentes, acadando o segundo posto nas listas dos Estados Unidos de América, do Reino Unido e do Canadá. O álbum recibiu valoracións positivas por parte da crítica.
O lanzamento do álbum foi precedido polo seu primeiro sinxelo, "Dark Necessities", o 5 de maio de 2016. "Go Robot" estreouse como segundo sinxelo o 8 de setembro de 2016, acadando o posto 12 na lista Alternative Songs Chart, mentres que "Sick Love" estreouse como terceiro sinxelo o 4 de decembro de 2016; porén, non conseguiu entrar nas listas de éxitos. "Goodbye Angels" estreouse como cuarto e último sinxelo do álbum o 4 de abril de 2017. A canción que dá nome ó álbum emitiuse na radio do Reino Unido malia non ter sido lanzada como sinxelo oficial.
Notas
Categoría:Álbums de Warner Bros. Records Categoría:Álbums producidos por Danger Mouse Categoría:Álbums musicais de 2016 Categoría:Álbums de Red Hot Chili Peppers