Émilie Espérance Barret, nada en Saint-Étienne o 2 de abril de 1878 e finada en París o 7 de xuño de 1974, foi unha pintora de vangarda francesa, coñecida como Émilie Charmy. Traballou en estreita colaboración con artistas fauvistas como Henri Matisse, e foi moi activa na exposición das súas obras en París, particularmente con Berthe Weill.Linda L. Clark Women and Achievement in Nineteenth-Century Europe 2008 - Page 97 "In such circumstances, Émilie Charmy and Jacqueline Marval, both first trained for schoolteaching in the provinces, appreciated Berthe Weill's promotion of their work.
Converteuse nunha artista contraria ás normas para as mulleres francesas do seu tempo e conseguiu ser unha pintora moi considerada. Realizou naturezas mortas, paisaxes, figuras e, moi raro para unha muller nesa época, unha serie de nus femininos. Os iniciais de Charmy eran impresionistas e postimpresionistas. A medida que a súa carriera evolucionou viuse influída polos movementos do fauvismo e da escola de París. Foi condecorada como cabaleiro da Lexión de Honra.
Traxectoria Primeiros anos Charmy pertencía a unha familia burguesa; o seu avó era o bispo de Tolosa e o seu pai o dono dunha fundición de ferro. Tiña dous irmáns máis vellos, un dos cales morreu de apendicite. Orfa cando tiña quince anos, ela e o seu irmán Jean Barret vivían con parentes en Lión. Émilie demostrou talento para a arte e a música desde nena.
Recibiu unha formación educativa burguesa nunha escola católica privada e foi cualificada como mestra, unha carreira propia naquel momento para a educación feminina. Vivindo en Lión, negouse a ocupar postos de docente ata que a finais da década de 1890 decidiu ir estudar e traballar no taller de Jacques Martin. Isto foi un momento crítico no desenvolvemento da súa carreira. Martin estaba involucrado con outros artistas de Lión que influíron na obra artística de Émilie, incluídos Louis Carrand e François Vernay, que tiñan unha reputación local cun enfoque único para pintura de flores.
Durante este tempo, a artista asumiu o pseudónimo de Émilie Charmy.
Carreira Mentres as mulleres eran rexeitadas polo mundo da arte e a maioría consideraba que a pintura era unha afección, Charmy recibía encargos polo seu traballo e independizouse financeiramente coa súa arte. Para ela, "a pintura era unha obsesión que dominaba moitos outros aspectos da súa vida".
Charmy pintaba principalmente mulleres na esfera doméstica ou burguesa, así como temas de flores e bodegóns. As súas pinturas con estes temas eran moi comerciais porque se consideraban decorativas e eran buscadas pola clase media. Gill Perry propón que a autora estaba tratando intencionadamente de restrinxir ao espectador das escenas íntimas que representaba.
Baixo a influencia de Matisee, integrou as técnicas do fauvismo nas súas pinturas, como Muller cun traxe xaponés que realizou en 1907. Como resultado de "experimentos coa cor, pintura grosa aplicada e pinceladas aparentemente brutas produciu unha serie de obras intrépida e tecnicamente innovadoras". Outras pinturas desta época inclúen as paisaxes Piana, Córsega (1906), L'Estaque (c. 1910) e Paisaxe corsa (c. 1910), realizados cando viaxou á costa mediterránea francesa e a Córsega con Matisse e os seus amigos. Un aspecto pouco convencional do seu estilo era deixar sen pintar partes do lenzo.Steve Edwards; Paul Wood.
Charmy instalou o seu estudo en París na Rue de Bourgogne, 54 en 1908. Mudouse en 1910 e permaneceu alí o resto da súa vida.11
Expuxo as súas obras con menos frecuencia nos anos vinte e trinta, aínda que contou cunha serie de mecenas e coleccionistas que apoiaron o seu traballo. Charmy realizou pinturas cando estivera na súa vila de Ablon-sur-Seine, incluídas dúas feitas entre 1926 e 1930, Vista do Sena en Ablon, no Museo de Grenoble, e Bancos do Sena en Ablon, na Galerie Michel Descours en Lión. Tamén pintou bodegóns, nus e autorretratos.Émilie Charmy Special Exhibition: August 23, 2013 – February 2, 2014. The Fralin Museum of Art, University of Virginia. pp. 8–9. Consultado o 20 de marzo de 2014. Nos anos 30, Charmy foi membro e expuxo as súas obras en Femmes Artistes Modernes.
Trala guerra expuxo a súa obra menos que cando estaba no cumio da súa carreira, mais continuou a pintar ata os noventa anos. Faleceu en 1974 en París.
Vida persoal En 1912 coñeceu o pintor George Bouche e tiveron un fillo, Edmond, en 1915. Charmy e Bouche casaron en 1935.
Edmond, como Charmy, foi posto ao coidado de enfermeiras e coidadoras remuneradas ata os catorce anos. Aínda que isto era aceptable durante a infancia de Charmy, esta práctica era cada vez máis rara a medida que os papeis tradicionais da maternidade eran cada vez máis populares. Nunha biografía, Edmond sinala que "mentres algunhas nais se enorgullecen da súa descendencia, Charmy escondeuna con celo. O acabado de nacer non coñecía nin o desorde do estudo nin o cheiro a pintura". Charmy foi case desprezada pola súa axente Berthe Weill, porque vía a relación co seu fillo Edmond como distante e antinatural.Perry, Gill. Women Artists and the Parisian Avant-Garde. Manchester e Nova York: Manchester University Press, distributed by St. Martin's Press, 1995. p. 83.
O seu marido morreu en 1941 e durante a segunda guerra mundial, Charmy e o seu fillo viviron en Marnat en "circunstancias illadas". Despois da guerra regresou a París, pero moitas das persoas que coñecía na comunidade artística xa non estaban alí.Émilie Charmy Special Exhibition: August 23, 2013 – February 2, 2014. The Fralin Museum of Art, University of Virginia. p. 8. Retrieved March 20, 2014.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Valadon, Marval, Charmy, Agutte: Les Femmes Peintres et L'avant-garde, 1900–1930. París: Somogy editions d'Art, Musee Paul-Dini, VilleGranche-sur-Saône, 2006 Ligazóns externas https://www.emiliecharmy.fr/
Categoría:Nados no departamento do Loira Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Pintores de Francia Categoría:Pintores do século XX