María Victoria Olalla Martín de la Cova, nada en Rivas-Vaciamadrid o 7 de novembro de 1989, é unha guionista, humorista, presentadora de televisión e colaboradora de radio española.
Traxectoria Licenciouse en Xornalismo na Universidade Rei Xoán Carlos e posúe un mestrado de guión en cinema e televisión. Completou a súa formación con cursos especializados en Comunicación e Medios, mercadotecnia e analítica dixital.
O seu primeiro traballo no eido audiovisual chegoulle da man de AMC Networks International Iberia, onde formou parte do departamento de comunicación. Tamén foi produtora e locutora en M80, do grupo PRISA.
En 2017 creou xunto a Nacho Pérez-Pardo a canle de YouTube Living Postureo, dedicado á parodia da cultura milenial. O éxito obtido en redes sociais permitiulle entrar como colaboradora en Yu: No te pierdas nada, onde interpretaba o mesmo papel que a deu a coñecer en YouTube. Co tempo, abandonou o personaxe e comezou unha sección propia, baixo o seu nome real.
En 2018 estreou, xunto a Esther Gimeno e Pilar de Francisco El eje del mal, unha obra de teatro centrada no apoderamento feminino e na que se combinan monólogos, sketches e cancións en directo.
En 2019 empezou a traballar como guionista en La resistencia, e como colaboradora en Las que faltaban, ambos os programas para a canle #0 de Movistar. Máis adiante, ese mesmo ano, presentou Problemas del primer mundo, un programa de Atresmedia.
En 2020 estreou Válidas en YouTube, unha serie web sobre dúas cómicas pasando un mal momento e que deciden facerse pasar por parella para acadar éxito social. Está escrita e protagonizada por Victoria Martín e Carolina Iglesias.
Tamén presenta Estirando el chicle, un podcast creado xunto a Carolina Iglesias que se emite en distintas plataformas. Dende a súa creación converteuse nun dos podcast independentes máis escoitados de España.
En setembro de 2021 traballou como presentadora xunto a Ana Morgade no programa de Europa FM, yu: no te pierdas nada, para posteriormente retirarse por cuestións persoais. Até 2021 tamén formou parte do programa de Badoo Este es el mood,Victoria Martín en Este es el mood.
En outubro de 2022, estreou o seu podcast en solitario "Malas Personas" en Podimo e tamén publicou a súa primeira novela titulada Se tiene que morir mucha gente.
Obra Se tiene que morir mucha gente (2022)
Serie de televisión Se tiene que morir mucha gente (2026, como directora e guionista).
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados na Comunidade de Madrid Categoría:Guionistas de España Categoría:Humoristas da Comunidade de Madrid Categoría:Personalidades de YouTube Categoría:Feministas de España Categoría:Alumnos da Universidade Rei Xoán Carlos