Joaquín Caruncho Astray, nado na Coruña o 18 de outubro de 1894 e finado en Madrid o 6 de setembro de 1964, foi un futbolista e policía galego.
Traxectoria Xogaba como dianteiro centro e interior e foi capitán do Real Club Coruña, no que militou durante varios anos, e co que disputou o Campionato de Galicia. Posteriormente trasladouse a Madrid para continuar os seus estudos, e alí pasou polo Gimnástica Española e o Atlético de Madrid, antes de fichar en 1916 polo Real Madrid. Foi o primeiro futbolista en vestir tanto a camiseta do Atlético de Madrid como a do Real Madrid.
Neste equipo coincidiu entre outros con Santiago Bernabéu, Manolo Posada, René Petit ou Eulogio Aranguren. Xogou tres anos no club branco e disputou a final da Copa do Rei de 1918 contra o Real Unión de Irún, que acabou gañando o equipo vasco con dous goles de Juan Legarreta.
A súa carreira futbolística rematou cando un dos seus xefes viu unha foto súa no xornal ABC e berrou con el. Deixou entón o fútbol e dedicouse exclusivamente á súa profesión de policía, chegando a ser xefe superior da Policía en Biscaia. Xa retirado viviu en Madrid, onde faleceu o 6 de setembro de 1964.
Notas
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Policías de Galicia Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Club Coruña Categoría:Xogadores do Atlético de Madrid Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes