A dos limantriinos (Lymantriinae) é unha subfamilia de insectos lepidópteros pertencente á familia dos erébidos.Lymantriinae Hampson, 1893 no ITIS. Consultado o 29 de abril de 2021.Lymantriinae Hampson, 1893 en BioLibcz. Consultado o 29 de abril de 2021.

Con ao redor de 3 000 especies, encóntranse en todo o mundo, aínda que están ausentes en Nova Zelandia, Hawai, as Antillas e Nova Caledonia.Schaefer, Paul (1989): "Diversity in form, function, behavior, and ecology", En: USDA Forest Service (ed.): Proceedings, Lymantriidae: A Comparison of Features of New and Old World Tussock Moths: 1-19. Broomall, PA.

Durante moito tempo, o taxon tivo o rango de familia (Lymantriidae) dentro da superfamilia dos noctuoideos, pero foi establecido por Lafontaine e Fibiger (2006), despois dunha revisión das superfamilias da familia dos erébidos.J. Donald Lafontaine & Michel Fibiger: (2006): "Revised higher classification of the Noctuoidea (Lepidoptera)". Canadian Entomologist 138: 610–635.

Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1893 polo entomólogo inglés George Francis Hampson.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válidos, a subfamilia coñeceuse tamén polos sinónimos: Lymantriidae Hampson, 1893 Orgyiidae Wallengren, 1861 Dasychiridae Packard, 1864

Tribos A subfamilia actualemente divídese en sete tribos, das que dúas non foron creadas até 2015, como resultado dun estudo de filoxenia molecular.Houshuai Wang, Niklas Wahlberg, Jeremy D. Holloway, Johannes Bergsten, Xiaoling Fan, Daniel H. Janzen, Winnie Hallwachs, Lijun Wen, Min Wang & Sӧren Nylinn (2015): "Molecular phylogeny of Lymantriinae (Lepidoptera, Noctuoidea, Erebidae) inferred from eight gene regions" Cladistics 31 (6): 579-592. Arctornithini Holloway, 1999 Daplasini Wang et al., 2015 Leucomini Grote, 1895 Locharnini Wang et al., 2015 Lymantriini Hampson, 1893 Nygmiini Holloway, 1999 Orgyiini Wallengren, 1861

Características Estas avelaíñas alcanzan unha envergadura de 25 a 50 mm e son de complexión de media a forte. Os machos adoitan seren máis pequenos que as femias. As ás dianteiras son de 1,5 a 2,3 veces máis longas que anchas, as ás traseiras son igualmente anchos e de forma arredondada. As antenas son curtas e só alcanzan de un terzo a aproximadamente a metade da lonxitude das ás dianteiras. Os machos adoitan estaren cubertos de pelos longos. Estas bolboretas teñen os palpos maxilares en retroceso ou faltantes, a probóscide tamén falta. As ás anteriores teñen 12 veas alares cunha vea anal. As ás traseiras teñen 8 ou 9 veas con dúas veas anais.

As avelaíñas adultas desta subfamilia non se alimentan. Adoitan teren cores apagadas (pardas e grises), aínda que algúns son brancos, e adoitan seren moi peludos. Hai especies nas que as ás das femias están ausentes, polo que non poden voaren, e outras téñenas reducidas. Polo xeral, as femias teñen unha gran guedella ao final do abdome. Os machos, polo menos, teñen órganos timpánicos no metatórax.Scoble, M. J. (1992): The Lepidoptera: Form, Function and Diversity. (2nd ed.). Oxford University Press.

Na súa maioría son nocturnos, pero Schaefer enumerou 20 especies diúrnas confirmadas e 20 probábeis (dado o tamaño reducido dos ollos).

As larvas tamén son peludas, a miúdo con pelos agrupados en guedellas, e, en moitas especies, os pelos despréndense moi facilmente e son extremadamente irritantes para a pel, especialmente os membros do xénero Euproctis. Esta defensa altamente eficaz serve á avelaíña durante todo o seu ciclo de vida. Os pelos incorpóranse á pupa. Unha femia adulta emerxente dalgunhas especies recolecta e almacena os pelos na punta do abdome e úsaos para camuflarse e protexer os ovos mentres son depositados. Noutras especies os ovos están cubertos por unha escuma que pronto se endurece ou se camuflan cos materiais que a femia recolle e se adhiren a eles. Nas larvas dalgunhas especies os pelos xúntanse en densas guedellas ao largo da rexión dorsal.

Lymantria significa "destrutor" (véxase etimoloxía en Lymantria, e varias especies de limantriinos son importantes defoliadores de árbores forestais, como Lymantria dispar, Lymantria monacha e Orgyia pseudotsugata. Tenden a ter rangos de plantas hospedeiras máis amplos que a maioría dos lepidópteros. A maioría das larvas das especies dos limantriinos aliméntanse de árbores e arbustos, pero algunhas fano de enredadeiras, herbas, pasteiros e liques.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Chinery, Michael (1977): Guía de campo de los insectos de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0469-1. Schintlmeister, Alexander (2004): The Taxonomy of the Genus Lymantria Hubner, (Lepidoptera: Lymantriidae). Naturhistorisches Museum Wien. Scoble, M. J. (1992): The Lepidoptera: Form, Function and Diversity. (2nd ed.). Oxford, UK / New Yok, USA: Oxford University Press. ISBN 0-1985-4952-0.

Outros artigos Noctuoideos Erébidos

Categoría:Lepidópteros Categoría:Avelaíñas