miniatura|240px|Lymantria dispar femia A tribo dos limantriinos (Lymantriini) é unha das tribos de insectos lepidópteros da superfamilia dos noctuoideos, familia dos erébidos, unha das incluídas na subfamilia dos limantriinos.Lymantriini no ITIS. Consultado o 29 de abril de 2020.
Esta tribo é un grupo de avelaíñas polifáxicas (que teñen grandes desexos de comeren) que viven principalmente nas rexións tropicais de África e Eurasia, pero tamén en América do Norte.
Características Dentro da subfamilia dos limantriinos, os Liymantriini distínguense das outras tribos pola presenza de bandas escuras, xeralmente en zigzag (ás veces en forma de media lúa) nas ás dianteiras, e con marcas en forma de "V" nas ás, así como unha mancha discal e outra rbicular. Tamén se caracterizan pola falta de aréola.
Taxonomía Descrición A tribo foi descrita en 1893 polo entomólogo inglés George Francis Hampson.Lymantriini Hampson, 1893 en BioLibcz. Consultado o 29 de abril de 2020.
Sinónimo Ademais de polo nome válido, o tribo coñeceuse tamén polo sinónimo: Lymantriina Hampson, 1893 (Erro ortográfico).
Xéneros A tribo comprende os seguintes xéneros: Abakabaka Griveaud, 1976 Dasychiroides Bethune-Baker, 1904 Dura Moore, 1879 Habrophylla Turner, 1921 Icta Walker, 1855 Imaus Moore, 1879 Iropoca Turner, 1904 Leptocneria Butler, 1886 Lymantria Hübner, 1819 Psilochira Toxopeus, 1948
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Kühne, L. (2010): "Taxonomische Ergebnisse der bearbeitung der nachtfalterfauna des südlichen Afrikas (Lepidoptera: Noctuoidea)". Esperiana Memoir 5: 433–456. Lafontaine, J. D. & Schmidt, B. C. (2010): "Annotated check list of the Noctuoidea (Insecta, Lepidoptera) of North America north of Mexico". Zookeys 40: 1–239. Wang, H., Wahlberg, N., Holloway, J. D., Bergsten, J., Fan, X., Janzen, D. H., Hallwachs, W., Wen, L., Wang, M. & Nylin, S. (2015): "Molecular phylogeny of Lymantriinae (Lepidoptera, Noctuoidea, Erebidae) inferred from eight gene regions". Cladistics 31 (6): 579–592. Witt, T. J. & Ronkay, L., eds. (2011): Noctuidae Europaeae. Volume 13. Lymantriinae and Arctiinae, including phylogeny and check list of the quadrifid Noctuoidea of Europe. Sorø: Entomological Press. ISBN 978-87-89430-18-8.
Outros artigos Noctuoideos Erébidos Limantriinos
Ligazóns externas Imaxes de especies da tribo.
Categoría:Lepidópteros Categoría:Avelaíñas