Montse Barderi Palau, nada en Sabadell no ano 1969, é unha escritora, xornalista e filósofa catalá.

Traxectoria

É especialista en estudos de xénero e escritora de libros de literatura e de filosofía práctica.

Colabora mensualmente na sección Tribuna de El Punt Avuí e durante 2020 foi columnista mensual de Serra d'Or.

Foi membro da sección Filosofía e Xénero da Universidade de Barcelona e subdirectora con Fina Birulés do X Simposio Internacional de Filósofas IAPH e patroa fundadora da Fundació Maria-Mercè Marçal. Forma parte do proxecto gañador eTwinning 2015 no ámbito europeo de cidades educadoras e en 2019 foi nomeada comisaria do ano Teresa Pàmies pola Institució de las Lletras Catalanes. Foi galardoada co Premio Prudenci Bertrana 2019 pola novela La memòria de l'aigua.

A súa obra foi traducida ao italiano, romanés e portugués.

Obra destacada

«L'origen del teixit: Cecília Vicuña i la poètica precària» (Publicacions UB, 2004) «La explotación animal en la obra de Marguerite Yourcenar» (Publicacions UB, 2006) Perdre per guanyar (Ara Llibres, 2007 e en Grijalbo en castelán) Los arcos del agua (Ediciones B, 2013) Marta, mira’m, t’he de dir tantes coses (Ediciones Cumbres, 2015) El amor no duele (Urano, 2016) Traducido ao italiano, portugués e romanés. Camí d'anada i tornada, amb Emma Vilarasau (Columna, 2017) Dones Úniques (Columna, 2018) La memòria de l'aigua (Columna, setembro 2019) Manual d'amor aristotèlic per a dones del segle XXI (Destino Català, 2020)

Premios 2019, Premio Prudenci Bertrana de novela

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial

Categoría:Nados en Sabadell Categoría:Nados en 1969 Categoría:Escritores de Cataluña Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Filósofos de Cataluña