A lingua cofán (tamén chamada kofan ou kofane; autónimo: a'ingae) é unha lingua indíxena falada polo pobo cofán na provincia de Sucumbíos no nordeste de Ecuador e no sur de Colombia (Nariño e Putumayo).

Malia que o cofán é unha lingua ameazada, está clasificada como lingua en desenvolvemento con arredor de 1400 a 2400 falantes. Existen dúas variedades de cofán: o aguarico (falado en Ecuador) e o San Miguel (falado principalmente en Colombia). Arredor do 60% dos falantes de cofán en Ecuador están alfabetizados na súa propia lingua. O cofán está clasificado como definitivamente en perigo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

O uso do cofán en Ecuador está conectado co uso da lingua en documentos de dereitos de propiedade da terra e ao ensino bilingüe nas escolas. En Colombia, o cofán está máis ameazado por mor da violencia, os desprazamentos e o matrimonio interracial.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas ELAR archive of A'ingae language documentation materials Cofán (Intercontinental Dictionary Series)

Categoría:Linguas illadas Categoría:Linguas de Ecuador Categoría:Linguas de Colombia