A pluridisciplinariedade é a unión non integrativa de dúas ou máis disciplinas, pertencentes a un mesmo campo de coñecementos, que, aínda que tendo relación de obxecto, conservan os seus métodos e modelos propios como ocorre na multidisciplinariedade, pero na que se busca mellorar a relación metodolóxica entre elas.

Como exemplo de relación pluridisciplinar podemos citar a existente entre a Física e a Química para o estudo de certos sistemas ou procesos.Torres Santomé, Jurjo. Globalización e interdisciplinariedad: el currículum integrado. . Madrid: Morata, 1994, p. 72. ISBN 847112372X. Isto implica a existencia de relacións de colaboración e complementariedade entre as diferentes disciplinas e a explicitación duns obxectivos comúns, sen a existencia dunha sistematización ou integración.Jáuregui, Jorge Mario. Urbanismo y Transdisciplinariedad. Intersecciones (Puntuaciones en relación con el abordaje de la articulación de lo formal y lo informal en América Latina).

Como exemplo, en cambio, de multidisciplinariedade poderíamos citar o estudo do obxecto dunha obra de arte coma o Guernica desde as disciplinas da pintura, da historia e a historia da arte, da química, do cromatismo, etc.

Categorías de relación entre disciplinas Aínda que non foi contemplada por Jean PiagetPiaget, Jean. La epistemología de las relaciones interdisciplinarias. En L. Apostel, G. Berger, A. Briggs y G. Michaud (1975). Interdisciplinariedad: problemas de la enseñanza y de la investigación en las Universidades. México, D.F.: Asociación Nacional de Universidades e Institutos de Enseñanza Superior (ANUIES), pp. 153-171. (Original en francés, 1972). na súa clasificación das relacións entre disciplinas, outros moitos autores si que o estableceron deste xeito, e foi obxecto de debate e estudo desde os primeiros anos do século XX xunto cos outros termos. Esta diferenza entre o multidisciplinar e o pluridisciplinar baséase na clasificación que estableceu Erich JantschJantsch, Eric. Hacia la interdisciplinariedad y la transdisciplinariedad en la enseñanza y la innovación. En L. Apostel, G. Berger, A. Briggs y G. Michaud (1975). Interdisciplinariedad: problemas de la enseñanza y de la investigación en las Universidades. México, D.F.: Asociación Nacional de Universidades e Institutos de Enseñanza Superior (ANUIES), pp. 110-144. no Seminario da OCDE de 1979 e nos que tamén aparecen os conceptos de disciplinariedade cruzada, interdisciplinariedade e transdisciplinariedade. Existían estudos previos con clasificacións similares como a de Ryszard Wasniowski de 1971.

Outro estudo importante sobre esta delimitación é o de Cesar Scurati en 1974 que reforza a contigüidade entre disciplinas como elemento diferenciador coa multidisciplinariedade.Zabala Vidiella, Antoni. Enfoque globalizador y pensamiento complejo: una respuesta para la comprensión e intervención en la realidad. Barcelona: Graó, 1999, pp. 26-27. ISBN 8478272119. Notas

Véxase tamén

Outros artigos Multidisciplinariedade Interdisciplinariedade Transdisciplinariedade

Ligazóns externas

Interdisciplinariedade e realidade no proceso educativo (en castelán) Beltrán Vázquez, Juan; Delgado Galíndez, Branca. Madrid: Editorial UNAM. ISBN 9683666817, p. 92. (Colección Dialógica).

Categoría:Estudos interdisciplinarios Categoría:Epistemoloxía