Mustavuori (en galego Montaña Negra) é un esker situado no barrio de Villilä do distrito de Raho, na cidade de Tampere (Finlandia). miniatura|250px|Panorámica dende o cumio de Mustavuori. A principios da década de 1960 as persoas de Tampere afeccionadas ao esquí comezaron a procura dunha pendente nos arredores da cidade, encontrando en Mustavuori o mellor lugar da rexión para o esquí. Xa en 1967 a Cruz Vermella de Finlandia e a Sociedade de Slálom de Tampere comezaron as actividades relacionadas co esquí nunha pendente despexada da montaña.

Na década de 1970 a propiedade dos terreos e o mantemento da estación de esquí pasaron á cidade de Tampere, que pasou a subcontratar a xestión desta última a partir da década de 1990.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio web da estación de esquí

Categoría:Deporte en Tampere